Hoxe mesmo, o Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, e logo de falar con compañeiros sobre diversas cuestións laborais que lle preocupan ao persoal, solicitou unha reunión co concelleiro de Persoal a través da sede electrónica na que propón falar dos temas que se recollen abaixo. En canto teña lugar a reunión informarémosvos, coma sempre, das novidades.
1. Novo regulamento de axudas sociais.
2. Aplicación efectiva dos acordos da última reunión ordinaria e
extraordinaria da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo.
3. Prazos da implantación definitiva do sistema de control de
presenza no traballo e discriminacións existentes na actualidade
relacionadas cos horarios.
4. Atrasos no pagamento das horas extraordinarias do persoal laboral
e problemas na tramitación.
5. Convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde, plans de
emerxencia dos edificios municipais e revisións médicas
pendentes.
6. Reclamacións previas de indefinición do persoal laboral.
7. Información sobre as previsións relacionadas co persoal dos
servizos de limpeza, obras, Escola Infantil Municipal, Conservatorio
Municipal, Escola Municipal de Folclore e outros.
8. Outros temas laborais
Ningún comentario:
Publicar un comentario