Artigo 22.4.
4.
Durante
o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos
incluídos, establecerase unha xornada reducida de traballo dunha
hora diaria, con carácter xeral ao final da xornada fixada no
apartado 2.º do presente artigo.
Cando
polas características do servizo ou do posto de traballo, non sexa
posible a redución no período indicado o tempo de redución, que se
incrementará nun 50%, desfrutarase noutro período e do xeito
indicado no parágrafo anterior. Do mesmo xeito, o persoal que
preste os seus servizos a tempo parcial o tempo de redución será
proporcional á xornada que veñan cumprindo.
Acordo regulador do persoal funcionario
4. Durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos incluídos, establecerase unha xornada reducida de traballo dunha hora diaria, con carácter xeral ao final da xornada fixada no apartado 2.º do presente artigo.
Cando polas características do servizo ou do posto de traballo, non sexa posible a redución no período indicado o tempo de redución, que se incrementará nun 50%, desfrutarase noutro período e do xeito indicado no parágrafo anterior. Do mesmo xeito, o persoal que preste os seus servizos a tempo parcial o tempo de redución será proporcional á xornada que veñan cumprindo.
Así mesmo, lembrámoslle ao persoal que non pode desfrutar a redución da xornada por motivos de servizo que lle solicite ao seu superior que llo comunique por escrito, para logo solicitar a compensación correspondente no departamento de Persoal. No caso de que o seu superior se negue a comunicalo por escrito mais lle dea a orde de que non pode facer a redución, recomendamos que o/a traballador/a comunique por rexistro a situación, para que quede constancia desta e que non teña problemas para desfrutar a compensación correspondente pola imposibilidade de redución horario do verán da xornada laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario