Onte mesmo o Comité de Empresa solicitoulle por rexistro ao Concello de Betanzos que tramitase e solucionase con carácter de urxencia os acordos de modificación do Convenio colectivo cos que leva case un ano a voltas. A solicitude indicaba o seguinte:
EXPOÑO:
PRIMEIRO.
Que o Concello ten pendentes de tramitación os acordos adoptados na
Comisión Paritaria do Convenio Colectivo do Persoal Laboral dos días
18 de xullo de 2017 ordinaria, 9 de abril ordinaria e 11 de maio de
2018 extraordinaria.
SEGUNDO.
Que o concelleiro de Persoal me comunicou que habería que realizar
unha nova reunión da Comisión Paritaria de cara a facer unha
modificación dos aspectos retributivos proposta pola Intervención
Municipal, e que esta reunión tería lugar na primeira semana do mes
de xuño coa previsión de que a modificación do Convenio colectivo
se puidese someter a aprobación plenaria no pleno ordinario do mes
de xuño que está para se convocar proximamente. Esta Comisión
aínda non tivo lugar a día de hoxe.
TERCEIRO.
Que o Convenio colectivo do Persoal Laboral indica o seguinte con
respecto ao réxime de funcionamento da Comisión Paritaria:
A
Comisión Paritaria deberá resolver, no prazo máximo de 30 días
hábiles, os asuntos sometidos nas reunións ordinarias e no prazo
máximo de 15 días hábiles os asuntos sometidos nas reunións
extraordinarias.
CUARTO.
Que o incumprimento dos acordos da Comisión Paritaria durante once
meses está supoñendo un prexuízo para o persoal afectado, tanto no
relativo aos criterios de absorción do Complemento Persoal
Transitorio, como no que atinxe ao cobro do Complemento de Funcións
Extraordinarias e interpretación que se vén facendo.
QUINTO.
Que este Comité de Empresa xa solicitou en diversas ocasións que se
cumprisen os acordos e que a demora na efectividade destes supoñía
un prexuízo para o persoal, e que o Concello, en cumprimento do que
indica o Convenio colectivo, debería esgotar toda vía de
negociación e solucionar os problemas derivados da interpretación
do Convenio colectivo canto antes.
SEXTO.
Que segundo indicou o concelleiro de Persoal, o único que ficaría
pendente sería actualizar as retribucións do Convenio colectivo
coas que se cobra na actualidade, e que entendemos que este trámite
non ten motivos para se demorar máis. Tamén hai que lembrar que o
Concello debe actualizar a contía das horas extraordinarias cando
antes, posto que falta o 1 por cento de suba do ano 2016 e o 1 por
cento de suba do ano 2017 e no momento que se fai esta actualización
do salario, hai que lembrar que se debe facer en todas contías,
incluídas todas as retribucións, salarios do persoal que cobra por
horas e contía das horas extraordinarias.
Por
iso, SOLICITO:
PRIMEIRO.
Que o Concello de Betanzos tramite de inmediato os acordos adoptados
nas distintas Comisións Paritarias e, se entende que é necesario,
convoque o organismo correspondente de cara a solucionar o problema
de actualización das retribucións do convenio segundo as que se
cobran na actualidade, para finalizar con esta problemática.
SEGUNDO.
Que realice esta tramitación de xeito que os acordos adoptados na
Comisión Paritaria de modificación do Convenio colectivo se poidan
someter á aprobación plenaria no mes de xuño, tal e como se
comprometeu o concelleiro de Persoal cos representantes do Comité de
Empresa e de cara a que as modificacións correspondentes entren en
vigor canto antes.
Máis novas relacionadas con este tema:
Máis novas relacionadas con este tema:
Ningún comentario:
Publicar un comentario