- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Debate da proposta de Regulamento de funcionamento da Comisión.
- Debate de puntos a incluír no estudo diagnose e da necesidade de abrir un período de participación para o persoal do Concello.
- Debate da proposta de Protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade da comisión.
- Debate de accións a tomar ante o informe de impacto de xénero da Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva, adscrita organicamente ao Consello Galego de Relacións Laborais, sobre o convenio do persoal laboral do Concello de Betanzos.
- Rogos e preguntas
Cómpre sinalar que a CIG foi o único sindicato que presentou unha proposta tanto de regulamento de funcionamento como unha proposta de protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade da comisión. Así mesmo, achegou o informe do impacto de xénero sobre o Convenio colectivo do persoal laboral elaborado polo Consello Galego de Relacións Laborais.
O debate foi intenso cos delegados do CSIF, o sindicato con representación en funcionarios/as que defendeu que o acoso sexual debía ficar fóra do regulamento porque non ten relación cunha discriminación xenérica. Finalmente, a prevención do acoso sexual e por razón de sexo e aprobación do protocolo ficou incluída como funcións da comisión de igualdade cos votos a favor da CIG, UGT, CCOO e o goberno municipal e o voto en contra do CSIF.
Canto á elaboración do plan de igualdade interno, a técnica de igualdade expuxo polo miúdo diferentes métodos e camiños para a elaboración deste e indicou que comezaqría cuns cuestionarios que lles enviaría aos delegados sindicais e con posterioridade a todo o persoal municipal para comezar coa análise da situación actual.
Por outro lado, e no seguinte punto, os delegados do CSIF, insistiron en que a Comisión de Igualdade non era o organismo que debía aprobar un Protocolo contra o acoso sexual, laboral por razón de sexo e identidade. Logo dun novo debate, acordouse que este protocolo si que sería aprobado por esta Comisión, excluíndo o acoso laboral e que na seguinte reunión se aprobaría definitivamente un PROTOCOLO CONTRA O ACOSO SEXUAL, POR RAZÓN DE SEXO E IDENTIDADE NO CONCELLO DE BETANZOS. Esta decisión foi votada, unha vez máis, e aprobouse cos votos a favor da CIG, UGT, CCOO e o goberno municipal e o voto en contra do CSIF que defendeu que o acoso sexual non vén determinado por unha discriminación entre homes e mulleres nesta sociedade. A maiores, a CIG recriminoulle ao CSIF o seu nulo interese pola creación da Comisión e aprobación do protocolo en sete anos que tivo representación sindical no Concello de Betanzos e o seu repentino interese por dilatar e alongar calquera paso para que a Comisión de Igualdade funcione e se leven a cabo medidas encamiñadas á consecución da igualdade.
Na reunión acordouse que as partes terías 10 días para facer achegas ao protocolo e que a técnica de igualdade, como experta na materia, as incluiría nun borrador que con posterioridade se someterá á súa aprobación definitiva.
Con respecto ao punto 5, a CIG lembrou que o informe do Consello Galego de Relacións Laborais indica no seu informe do impacto de xénero a necesidade da elaboración dun plan de igualdade, que, por tanto, xa está en marcha, a necesidade de nomear as categroías profesionais cun xénero neutro, que se deberá corrixir nunha modificación do Convenio colectivo, tamén lembra que na Comisión Paritaria do Convenio Colectivo debe haber unha mínima representación do 40% de mulleres, o que claramente se está a incumprir na actualidade. Como dúas últimas cuestións, indica a necesidade de regular un procedemento para o acoso laboral e considera como positiva no relativo á xornada laboral, a medida de que unha parte da xornada sexa flexible.
Con respecto a este último punto a CIG solicitou, xa que o Consello Galego de Relacións Laborais o considera como algo positivo do Convenio colectivo, a posta en marcha do artigo 22.2. do Convenio que indica o seguinte:

2.
A
xornada ordinaria de traballo do Concello de Betanzos realizarase,
con carácter xeral, nas mañás de luns a venres, entre as 09:00 h e
as 14:30 h de cada día, agás modificacións ou flexibilidades
negociadas coa representación sindical e con independencia dos
horarios específicos que se estableza nos servizos con especiais
características. O tempo de traballo restante ata completar a
xornada semanal realizarase en horario flexible, entre as 07:30 h e
as 15:30 h, ou a tarde do martes ou do xoves.
Para
a determinación da parte flexible da xornada, teranse en conta as
preferencias do persoal, así como as necesidades e dispoñibilidades
de cada un dos servizos, primando, en todo caso, a súa correcta
cobertura e prestación.
Na actualidade esta posibilidade non se ofrece porque estará vinculada ao control de presenza no traballo, que leva tres meses en modo proba e o Concello non dá implantado de xeito definitivo, o que está a crear distintos problemas. O propio Convenio indica na cláusula adicional quinta o seguinte con respecto a este punto:
Cláusula
adicional quinta.
Coa
finalidade de dar cumprimento ao previsto no artigo 20 do presente
Convenio, e co obxecto da obtención de información sistemática e
periódica sobre o cumprimento de devanditas xornadas e horarios de
traballo, así como sobre os niveis de absentismo que se produzan,
todo o persoal terá a obrigación de fichar tanto ao comezo como ao
final de cada xornada, así como cada vez que se abandone os centros
de traballo. O devandito control materializarase mediante sistemas
mecánicos que garantan o estrito cumprimento do aquí previsto.
En
tanto non se dispoña dos medios mencionados no apartado anterior non
será de aplicación o previsto nesta cláusula nin no artigo 20.
O problema, tal e como se lle trasladou á presidenta da Comisión, é que o Concello non dá avanzado da fase de modo "proba" neste sistema, o que imposibilita o dereito do persoal ás medidas beneficiosas para a conciliación laboral e familiar que contempla este artigo e, consecuentemente, produce un incumprimento do acordado, mais dun ano despois de que o documento entrase en vigor. A presidenta indicou que trasladaría a cuestión para que se solucionase.
En último lugar, na quenda de intervencións, a CIG comunicoulle á Comisión un posible caso de acoso e conflito con matiz de discriminación xenérica entre persoal municipal. Así mesmo, lembrou que na análise da situación van saír á luz discriminacións salariais entre homes e mulleres e lembrou que hai funcións como o rexistro, que simplemente fan as mulleres neste Concello, sexan auxiliares ou administrativas, mentres que os auxiliares e administrativos homes nunca as fixeron tradicionalmente e que isto supoñía unha discriminación xenérica.

Ningún comentario:
Publicar un comentario