04/06/18

Solicitude de reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde



Hoxe mesmo, a delegada de prevención de riscos laborais da CIG solicitou a través do rexistro telemático que o Concello de Betanzos reúna o Comité de Seguridade e Saúde e indicou o seguinte:

PRIMEIRO. Que tanto a Lei de prevención de riscos laborais, como o Convenio colectivo do persoal laboral e o Regulamento do Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Betanzos recollen que as reunións do Comité de Seguridade e Saúde terán lugar con carácter trimestral.

SEGUNDO. Que a última reunión do Comité de Seguridade e Saúde tivo lugar o 25 de outubro de 2017, hai, por tanto, 8 meses, e os delegados de prevención do persoal laboral solicitámoslle esta reunión ao concelleiro de Persoal en múltiples ocasións sen que ata o momento tivese lugar.

TERCEIRO. Que, a maiores, o Concello ten pendentes varios requirimentos da Inspección de Traballo do ano 2017 e non informou aos delegados de prevención sobre a resolución destes.

SOLICITO:

PRIMEIRO. Que o Concello convoque a reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde, tal e como procede, e que na orde do día, inclúa, como mínimo, os seguintes puntos:
    1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
    2. Informe das baixas laborais.
    3. Implantación do Plan de Emerxencia e Evacuación da Biblioteca Pública Alfonso Rodríguez Castelao.
    4. Elaboración do Plan de Emerxencia e Evacuación do edificio Liceo
    5. Información sobre os plans de emerxencia, plans de prevención de riscos pendentes e prazos.
    6. Revisións médicas
    7. Quenda de intervencións
2. Que á devandita reunión acuda o/a técnico/a de prevención da Mutua de cara a poder informar sobre os temas indicados.

3. Que o Concello confirme coa maior brevidade posible a data e hora da reunión do Comité de Seguridade e Saúde e que llo comunique a todos os membros que forman parte deste organismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario