O goberno municipal vén de convocar aos delegados sindicais á novena reunión de negociación da Relación de Postos de Traballo.
Cómpre lembrar que xa nos reunimos nas seguintes ocasións, e, polo momento, non houbo demasiado avance:
30/11/2017
14/12/2017
21/12/2017
04/01/2018
11/01/2018
01/02/2018
22/03/2018
Así mesmo, hai que lembrar que segundo o cronograma aprobado na reunión do 30/11/2017 o 11/01/2018 debería ter sido a última reunión de revisión xeral e acordo final.
Por outro lado, a empresa contratada finaliza o contrato dentro de menos dun ano e ata o momento non se viu ningún resultado efectivo do gasto deste contrato mais que a suposta descuberta de que no Concello de Betanzos non hai actualmente Relación de Postos de Traballo e a creación de falsas expectativas ao persoal laboral coas entrevistas realizadas no ano 2017. Esta situación desencadeu nunha serie de demandas de reclamación de indefinición do persoal laboral que pretende que o seu posto conste nalgunha futura Relación de Postos de Traballo, tal e como indicou o Concello nunha reunión que tivo cos traballadores e traballadoras.
Para alén disto, e nunha primeira revisións da documentación entregada apréciase, tanto tempo despois, máis ben pouca diferenza. Se ben os documentos entregados indican que a proposta de acordou cos sindicatos a CIG indicará que iso non é correcto se non pon "por maioría" porque ata o momento fomos o único sindicato que estamos abertamente contra criterios de valoración do complemento específico discrecionais, así como na discrecionalidade na aplicación dos niveis que lle afecta negativamente ao persoal laboral.
O máis curioso resulta que o goberno municipal entregue dous documentos, unha RPT real que só contempla os postos de funcionariado, persoal laboral fixo e persoal laboral con sentenza e deixa fóra á totalidade do persoal laboral temporal (algún con máis de trinta anos de servizo no Concello) e outra RPT "ideal" con todos os postos (ou case todos) os que son ocupados na actualidade por traballadores e traballadoras independentemente da duración do seu contrato. A intención do goberno municipal parece que é negociar esa RPT "ideal" (para eles) mais levar ao pleno a RPT real, algo que mesmo é difícil de explicar porque roza a esquizofrenia.
A CIG está analizando a documentación entregada de cara a definir a súa postura na reunión do vindeiro día 20, mais obviamente esta seguirá na liña do que se veu defendendo ata o momento, mantemento das condicións actuais para mellora, valoración de niveis en igualdade de condicións para o persoal laboral e o funcionariado e criterios obxectivos e non discrecionais para os factores de valoración do complemento específico.

Ningún comentario:
Publicar un comentario