Segundo unha investigación do
Instituto Federal Alemán para a Avaliación de Riscos (BfR) e a
Axencia Alemá de Medio Ambiente (UBA), un de cada tres produtos
químicos de maior implantación fabricados ou importados en Europa
dende o ano 2010 incumpre a normativa europea, deseñada para
protexer a saúde pública e o medio ambiente da exposición
prexudicial destas substancias.
Os fabricantes destas substancias
químicas están a infrinxir concretamente o regulamento europeo
REACH (Rexistro, Avaliación, Autorización e Restrición de Produtos
Químicos), ao non informar á Axencia Europea de Substancias
Químicas (ECHA) se as substancias empregadas son canceríxenas,
neurotóxicas, mutaxénicas ou provocan outros efectos (problemas no
desenvolvemento dos nenos, infertilidade, danos ao medio ambiente).
Nesta investigación avaliouse unha
mostra moi representativa: 1.814 produtos químicos de orixe
industrial (do total de 2408 substancias que compoñen o inventario
europeo dos produtos fabricados en cantidades superiores a 1.000
toneladas anuais). A conclusión é que só o 31% deles cumprían os
requisitos legais. (Exclúense biocidas, praguicidas, medicamentos e
explosivos)
“Estamos ante unha gran fraude,
comparable ao do diésel. Hai que ter en conta que a exposición a
moitos produtos químicos industriais daniños é unha das principais
causas da caída da fertilidade humana e o aumento das taxas de
cancros, entre outras enfermidades”, indica a portavoz da
organización Oficina Europea de Medio Ambiente (EEB), que deu a
coñecer estes resultados.
Ao sortear esta esixencia de
información, millóns de toneladas de substancias tóxicas
industriais pasaron a ser utilizadas en pinturas, material téxtil,
xoguetes, envases ou material para a construción.
A Comisión Europea ha pedido ás
autoridades gobernamentais e a ECHA que aumenten o seu rigor. Un
documento de traballo redactado en marzo de 2018 (para avaliar o
funcionamento do regulamento REACH ) concluíu que o
incumprimento por parte das empresas das súas obrigacións (non dar
a información) obstaculiza a identificación de substancias
preocupantes e a consecuente capacidade das autoridades para protexer
ao público e ao medio ambiente.
Fonte: La Vanguardia
Ningún comentario:
Publicar un comentario