A CIG insta a incluír o dereito
na normativa sobre pensións e nos Presupostos Xerais do Estado
As seccións sindicais da CIG das cinco
Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza instamos a
presentación dun escrito dirixido ao Presidente do Consello Xeral da
Seguridade Social –que foi aprobado polas Xuntas de Persoal- a
través do que demandamos o recoñecemento do dereito á xubilación
parcial para todas e todos os empregados públicos.
Demandamos a modificación da reforma
feita no ano 2011 que eliminou o dereito á xubilación parcial aos
61 anos e o adiamento da xubilación até os 67 anos. Temos que
lembrar que a nosa central sindical foi a única que mostrou o seu
rexeitamento a esa reforma das pensións pactada con CCOO e UGT, e
fomos a folga xeral en contra.
Xunto a isto, incluímos a
demanda de que a lexislación neste ano 2019 desenvolva a normativa
sobre a xubilación parcial e da xubilación anticipada
para determinados colectivos que desenvolven o seu labor en
condicións de penosidade, perigosidade ou especial presión
psicolóxica, como xa prevía o Estatuto Básico do Empregado Público
no ano 2007.
Dereito do persoal empregado público
O fundamental é o recoñecemento do
dereito á xubilación parcial como un dereito subxectivo con
independencia da relación xurídica do persoal, ampliándose o
recoñecemento tamén ao persoal funcionario. Por iso reclamámoslle
ao Presidente do Consello Xeral da Seguridade Social en Madrid que
promova o cambio lexislativo necesario.
No marco desta campaña, a CIG
tamén presentou escritos á Ministra de Traballo e levou a
proposta á Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as de Galiza e de
Madrid e ao Director Xeral de Función Pública.
A CIG é a primeira
organización que defende ao persoal funcionario da Galiza nos seus
dereitos obviados por outros promovendo a aprobación desta
reclamación nas Xuntas de Persoal e Comités de Empresa da Xunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario