Ábrese o prazo para presentar
solicitudes de asistencia aos cursos da primeira convocatoria do Plan
de formación agrupado 2019 destinados ao persoal das entidades
locais da provincia. O dito prazo remata o venres, 8 de marzo.
As solicitudes presentaranse a través
da plataforma telemática Subtel. Para acceder a esta plataforma
deberá ter unha conta de correo activa no Directorio público local.
Non se admitirán solicitudes en
papel.
Toda a información relativa a esta
convocatoria está dispoñible na web de
Formación www.dacoruna.gal/formacion.
Ningún comentario:
Publicar un comentario