A CIG esíxelle ao
Concello a retirada inmediata do expediente e a reincorporación dos
traballadores
Tal e como tiña
advertido a CIG, o expediente de regulación de emprego polo que o
Concello de Guitiriz suspendeu o contrato de sete traballadores do
Grupo de Emerxencias Supramunicipal é ilegal. E así o confirma o
Servizo Público de Emprego, que hoxe remitiu un escrito ao persoal
afectado denegándolles o dereito a percibir á prestación por
desemprego por este motivo.
Deste xeito, os
traballadores quedan na máis absoluta precariedade ao teren os seus
contratos suspendidos pero sen poder cobrar o paro, polo que a CIG
reclama ao Goberno local que de inmediato proceda á suspensión do
ERTE, reincorpore os traballadores nos seus postos e regularice a súa
situación pondo ao día o pago dos salarios.
Ademais, para a central
sindical resulta incomprensíbel a resolución da dirección
provincial do SEPE toda vez que aos traballadores lles foi suspendida
a relación laboral co Concello de maneira involuntaria e, polo
tanto, teñen dereito a percibir a prestación por desemprego. Coa
súa decisión o SEPE está excedendo as súas competencias, xa que é
o xulgado quen debe pronunciarse sobre a legalidade ou ilegalidade do
expediente. Por iso, a CIG tamén recorrerá a resolución do servizo
público de emprego.
Doutra banda, non deixa
de chamar a atención a desidia da Consellaría de Traballo (como
autoridade laboral que é) por non ter informado ao Concello de
Guitiriz da manifesta ilegalidade na que estaba incorrendo, xa que as
Administracións Públicas non son competentes para iniciar
procedementos de suspensión dos contratos ao amparo do artigo 47 do
Estatuto de Traballadores/as, tal e como pretende facer o Goberno
municipal de Guitiriz.
Así as cousas a CIG
insta alcaldesa a que, dunha vez por todas, abandone a política
laboral unilateral, caprichosa e neglixente, retire o ERTE e comece a
practicar unhas relacións laborais baseadas no diálogo, nos
respecto aos dereitos e no cumprimento da legalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario