08/04/19

O Concello leva, unha vez máis, un mes de atraso na convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde

A delegada de prevención de riscos laborais do persoal laboral solicitoulle ao Concello que convoque a reunión, tal e como procede, logo de tres meses. Así mesmo, e como ten acontecido no pasado, de non chegar esta convocatoria, acudirá de novo á Inspección de Traballo para comunicarlle o incumprimento do Concello da Lei de prevención de riscos e do regulamento do propio Comité, que explicitan que as reunións deben de ser cada tres meses.

Así mesmo, e tendo en conta diferentes temas que nos trasladaron os traballadores e traballadoras, propuxemos que se traten, como mínimo, os seguintes temas:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Informe das baixas laborais.
3. Avaliacións de riscos laborais dos centros de traballo.
4. Avaliación de risco psicosocial na Escola Infantil Municipal Santiago de la Fuente.
5. Plans de emerxencia dos centros de traballo.
6. Información sobre as discriminacións nas revisións do ano 2018 de próstata e xinecolóxicas.
7. Adaptación de posto de traballo.
8.  Aprobación, se procede, do Protocolo contra o acoso laboral.
9. Quenda de intervencións

Ningún comentario:

Publicar un comentario