Unha nova sentenza de indefinición dálle a razón á CIG e obriga ao Concello de Betanzos a recoñecerlle a indefinición a outra traballadora, por ter un contrato en fraude de lei e recoñecerlle unha antigüidade de máis de trinta anos.
Esta é unha máis das sentenzas que se ditaron nos pasados meses e que lle recoñecen a indefinición ao persoal municipal e, por tanto, obrigan á incorporación das prazas á nova Relación de Postos de Traballo, toda vez que o Concello teima en facelas desaparecer.
Ata o momento, e a pesar de que se lle solicitou hai máis dunha semana unha reunión ao concelleiro de Persoal, Diego Fernández, non tivemos resposta, e, por tanto, non temos coñecemento de se o Concello ten previsto incorporar este posto no documento que pretende levar ao pleno, toda vez que sempre incidiu nas mesas de negociación en que só formarían parte da RPT os postos creados ao abeiro dunha sentenza (aínda que na realidade tamén incluísen outros que non a teñen, mais que lles deben interesar).
Igualmente, moitos compañeiros e compañeiras que se viron obrigados a denunciar ao Concello, e mesmo instados por este nunha reunión presidida polo concelleiro de Persoal, como única solución posible a unha situación de irregularidade, están en espera de xuízo e con datas previstas para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022.
Ningún comentario:
Publicar un comentario