As
persoas que formamos a candidatura da CIG nestas eleccións sindicais
adquirimos de antemán o compromiso de defender con firmeza nas Mesas
de Negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e
funcionario (fixo e temporal), sobre a base da homologación e non
discriminación nas condicións de traballo, que recollan as
seguintes reivindicacións:
CONDICIÓNS LABORAIS E SALARIAIS
- Equiparación de retribucións e condicións laborais entre o funcionariado e o persoal laboral fixo e temporal.
- Recuperación da perda do poder adquisitivo derivada da redución salarial e inclusión de cláusulas de garantía salarial.
- Consolidación en nómina dos salarios diferidos en forma de fondos de pensións privados.
- Cobertura da totalidade das baixas laborais.
- Ampliación dos contratos a tempo parcial e temporal ata a xornada completa e en igualdade de condicións para o persoal do mesmo departamento.
- Negociación do regulamento da produtividade con criterios obxectivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario