CCOO informa que para o ano 2020 as
retribucións das persoas empregadas públicas van subir un 3% grazas
ao acordo de mellora de emprego asinado por CCOO, UGT e CSIF en
Madrid no 2018.
Non contan que o único comprometido
nese acordo é unha suba do 2% e que para chegar ao 3% hai un
condicionante que é que o PIB medre un 2,5%.
Como xa vos contamos nesta nova demarzo de 2018, cando asinaron o acordo de concertación xa
sabían que era moi improbable que o incremento do PIB fose do 2,5%,
porque as previsións do Banco de España en decembro de 2017 osituaban nun 2,1%.
As últimas previsións do Banco deEspaña en setembro do 2019 son que o PIB deste ano vai estar no
2%.
No acordo de Madrid que asinaron CCOO,
UGT e CSIF, se desindexaban os salarios do IPC e se vinculaban ao
crecemento económico segundo o que subíra o PIB do ano anterior.
Pois ben, cun incremento do PIB do 2% a
cantidade variable a cobrar é CERO. Polo que en vez do
anunciado 3% de CCOO o que nos subirán os salarios será so dun
2%. Un gran negocio para os asinantes do Acordo, pero un mal
negocio para as persoas empregadas públicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario