Segundo os datos aportados no pasado
XXI Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo celebrado
en Singapur, os accidentes e as lesións relacionadas co traballo son
a consecuencia a nivel mundial dunha perda do 3,9% do PIB cun custo
mínimo estimado de 2,68 billóns de euros. No caso da Unión Europea
(EU), os problemas de saúde e as lesións relacionadas co traballo
están a supoñer anualmente unha perda equivalente ao 3,3% do seu
PIB o que supón uns 476 mil millóns de euros dos que unha gran
parte se destinan a políticas de indemnización, asistencia social e
atención sociosanitaria dos traballadores/as accidentados, que no
caso español maioritariamente pagamos todos nós (a sociedade) e non
as empresas responsables da sinistralidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario