As traballadoras do Servizo de
Axuda no Fogar de Chantada continuaron hoxe ás mobilizacións
contra a privatización do servizo que ten en marcha o
Goberno municipal e que carrexará un empeoramento dos coidados,
reducíndose as horas de prestación de servizos nos domicilios,
entre outras cousas. Esta tarde concentráronse na Praza de
Galiza e ao remate da protesta celebraron unha asemblea para
avaliar o conflito (están en folga indefinida dende o pasado 28 de
outubro) e os pasos dados polo Concello neste proceso de
externalización do SAF.
Hai que subliñar que as traballadoras
eventuais (unhas dez) ás que se lle remataba o contrato a finais de
ano xa recibiron a comunicación do cese da relación laboral. E de
xeito paralelo, estanse a realizar os exames para unha bolsa de
substitución, que se entende servirá para suplir a este persoal que
agora cesa
Reunión coa Deputación
Doutra banda, mañá, venres 20 de
decembro, ás 13:30 horas, a representación da CIG reunirase coa
vicepresidenta da Deputación de Lugo para trasladarlle a situación
do SAF de Chantada e demandar a intervención da institución
provincial, de cara a evitar que se consume a privatización deste
servizo básico.
Máis información aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario