Foi
a empresa a que decidiu que dous dos seus traballadores asistisen a
unha reunión en Palencia a unha hora -as 9:00- na que se lles
privaba da posibilidade de efectuar o descanso regulamentario entre
xornadas despois de que traballasen en horario nocturno dende as
22:00 do día anterior ata as 6:45horas, sufrindo un accidente de
circulación por saída da vía do vehículo que debe cualificarse
como accidente de traballo pola situación psicofísica do
piloto en atención á falta de descanso e consecuente diminución
das facultades necesarias e esixibles para conducir o vehículo.
O
demandante foi desprazado pola empresa para a que prestaba servizos
para a realización das obras de conservación e mantemento do
corredor Norte-Noroeste da liña de alta Velocidade, realizándose as
obras pola noite, en horario nocturno das 22:00 ás 6:45 horas.
Tras
abandonar o traballador o seu posto de traballo sobre as 6:27 horas
dirixiuse ao hotel concertado pola empresa no que se hospedaba e
desprazouse con outro traballador a unha reunión convocada pola
coordinadora de seguridade das obras en Palencia, por mandato do
encargado; foi ao terminar a reunión cando sufriron un accidente de
circulación ao sairse o vehículo da vía.
O
accidente de circulación tivo como causa directa a vulneración ou
omisión de medidas de seguridade por parte da patronal ao non
respectar as medidas racionalmente esixibles para a prevención
dos riscos no desenvolvemento da actividade laboral, o debido
descanso do traballador.
Foi
en cumprimento dunha orde da empresa o que determinou que o
traballador, e un compañeiro de traballo que conducía o vehículo,
para asistir a unha reunión sen poder gozar do tempo de descanso
unha vez finalizado a súa quenda de traballo sufrisen o accidente.
Fonte:
Estrelladigital
Ningún comentario:
Publicar un comentario