Os
accidentes laborais e o incumprimento das medidas de seguridade por
parte de traballadores/as configuran, en moitas ocasións, temas de
debate e análise nos xulgados. Unha sentenza recente do Tribunal
Superior de Xustiza (TSX) de Valladolid ten de novo como foco esta
materia: dita que un despedimento é nulo cando unha empresa tolera
que un traballador incumpra as medidas de seguridade requiridas no
desempeño dunhas manobras.
Os
feitos ocorreron o ano pasado nun pequeno municipio leonés durante a
xornada de traballo dunha empregada que manexaba unha carretilla
elevadora cargando unha torre de palés, "permitindo o
paso de peóns durante a manobra de carga, provocando un risco grave
de accidente", segundo consta na sentenza.
Aclara
o ditame que a operaria recibiu a formación do plan de seguridade
viaria da compañía e, por tanto, coñecía como se debía proceder
durante a realización daqueles traballos para evitar posibles
accidentes. Ademais, consta na sentenza do tribunal valisoletano, que
a empregada e o resto de traballadores foran informados sobre un
accidente ocorrido por outro traballador da mesma empresa pola
realización dunha manobra parecida, que lle carrexou unha forte
sanción.
Por
tanto, a empresa viu que esta traballadora incumpriu as medidas de
seguridade convenientes, comprobando, ademais, que no convenio
laboral cualifica esta actuación como "falta moi grave".
Como consecuencia destes sucesos, optou por despedir
disciplinariamente á muller, que presentou unha demanda contra a
empresa.
A
tolerancia por parte da empresa sobre o incumprimento dos estándares
de seguridade durante a realización dos traballos. En efecto, a
operaria non seguía os requisitos pedidos sobre seguridade e a súa
actuación podía derivar nun serio accidente dos paseantes na rúa.
Con
todo, os xuíces fixáronse no feito de que o responsable da empresa,
aínda vendo a irresponsabilidade da empregada, non a amoesta e
permite que continúe facendo os seus labores. Limitouse simplemente
a tomar fotografías da súa actuación, pero en ningún momento
impediulle que seguise co seu traballo, nin lle advertir do perigo
das súas manobras. En resumo, o TSX de Valladolid ve un claro
consentimento por parte da compañía e, en consecuencia, declara
nulo o despedimento da traballadora.
Fonte.
Expansión
Ningún comentario:
Publicar un comentario