10/02/20

O Concello deberalle subir o SMI ao alumnado dos obradoiros logo da entrada en vigor do RD 231/2020

A negativa do goberno municipal a aplicarlles os salarios do Convenio colectivo ao persoal dos obradoiros de emprego, apoiada pola CSIF coa súa negativa de facer ningunha reclamación ao respecto, non exime de que o cumprimento do RD 231/2020 que sube o Salario Mínimo Interprofesional a 950 sexa de obrigado cumprimento para a Administración local.

Na práctica xa no ano 2019 o Concello se viu obrigado a lles subir o salario ao persoal do grupo V dos obradoiros de pouco máis de 700 euros a 900, e que agora se deberán incrementar a 950 euros. As escusas dos salarios ao abeiro das subvencións son claramente inválidas como a xustificación que dá o goberno municipal para lle pagar menos que o que lles corresponde a determinados traballadores, tendo en conta que as subvencións nin suben nin baixan polo SMI, mais iso non exime ao goberno municipal do PSOE de que lles deba de pagar o mínimo ao persoal.

A discriminación salarial do persoal dos obradoiros de emprego no Concello de Betanzos é máis grave segundo máis alto é o grupo e as diferenzas salariais máis notables con respecto ao que deberían cobrar están nos postos directivos e no profesorado. Isto é aínda máis grave se temos en conta que o goberno municipal se aproveita de que o persoal é temporal para denegarlle dereitos tan básicos dos empregados públicos, como é o caso do recoñecemento dos trienios, baixo a premisa de que as posibilidades de que o persoal por meses é moi pouco probable que vaia a un contencioso para reclamar os seus dereitos, mais coa certeza de que no caso de que fosen o Concello non tería nada que facer.

O Convenio colectivo que a CIG aprobou co goberno municipal no ano 2015 tiña a clara premisa de non discriminar ao persoal en función da relación contractual. Na actualidade, tres anos despois de que entrase en vigor, o goberno do PSOE demostrou o pouco que valen para el os acordos cos traballadores, que interpretaao seu antollo e en prexuízo de determinado persoal, amparado pola presidencia do Comité de Empresa, que se nega a sequera facer unha reclamación por escrito sobre o tema e ampara a decisión de discriminación do persoal dos obradoiros baixo a premisa de que todos os traballadores e traballadoras non debemos ter os mesmos dereitos neste Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario