O Boletín Oficial do Estado recolle
literalmente que “ao obxecto de protexer a saúde pública,
consideraranse, con carácter excepcional, situación asimilada a
accidente de traballo, exclusivamente para a prestación económica
de incapacidade temporal do sistema de Seguridade Social, aqueles
períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras
provocado polo virus COVID-19”.
En ambos os casos a duración desta
prestación excepcional virá determinada polo parte de baixa por
illamento e a correspondente alta.
Poderá causar dereito a esta
prestación a persoa traballadora por conta propia ou allea que se
atope na data do feito causante en situación de alta en calquera dos
réximes de Seguridade Social.
A data do feito causante será a data
na que se acorde o illamento ou enfermidade da persoa traballadora,
sen prexuízo de que o parte de baixa se expida con posterioridade a
esa data.
Ligazón ao Real Decreto-lei
6/2020, de 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas
urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde
pública.
Artigo quinto.
Consideración excepcional como situación asimilada a accidente de traballo
dos períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras como consecuencia
do virus COVID-19.
«1. Ao obxecto de protexer a saúde pública, consideraranse, con carácter
excepcional, situación asimilada a accidente de traballo, exclusivamente para a
prestación económica de incapacidade temporal do sistema de Seguridade Social,
aqueles períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras provocado
polo virus COVID-19.
2. En ambos os casos a duración desta prestación excepcional virá
determinada polo parte de baixa por illamento e a correspondente alta.
3. Poderá causar dereito a esta prestación a persoa traballadora por conta
propia ou allea que se atope na data do feito causante en situación de alta
en calquera dos réximes de Seguridade Social.
4. A data do feito causante será a data na que se acorde o
illamento ou enfermidade do traballador, sen prexuízo de que o parte de baixa expídase con posterioridade a esa data.»
Ningún comentario:
Publicar un comentario