A atención ás normas preventivas
fronte ao COVID-19 tamén engloban os pasos seguintes á atención
dos afectados, tanto infectados e illados, como persoas en corentena.
Poderanse establecer recollidas diferenciadas dos refugallos
procedentes de centros/lugares onde se dea un elevado nivel de
afectados por COVID19 (residencias, hoteis hospitalizados, etcétera)
mentres dure a crise.
As seguintes recomendacións deben
seguirse, do mesmo xeito que nos centros sanitarios, nos fogares de
confinamento con enfermos pola nova pneumonía:
1.- O equipo de prevención individual
(EPI) do persoal sanitario, excepto lentes e máscara, e calquera
outro residuo procedente do paciente (luvas, panos, máscaras…),
tense que refugar no cubo de lixo disposto na habitación,
preferiblemente con tapa e pedal de apertura.
2.- A bolsa de plástico onde se tiren
os residuos debe ter peche hermético e pecharse antes de sacarse da
habitación.
3.- O persoal que atenda aos enfermos
retirará máscara e lentes unha vez que saia da habitación do
paciente. Á beira da porta de saída do cuarto haberá un
recipiente, tamén con tapa e pedal, para recoller estes refugallos.
A bolsa que os conteña tamén terá que ser de plástico con peche
hermético e estar pechada antes de sacala do cubo. Poden ir á
fracción resto do lixo urbano.
4.- Os residuos do paciente
depositaranse, introducidos nunha segunda bolsa pechada
hermeticamente antes de sacala do cubo, no contedor de fracción
resto. Esta fracción envíase directamente a entulleira ou á
incineradora sen apertura ou tratamento previos.
5.- Bolsas identificadas. As bolsas que
conteñan residuos de material de protección do persoal sanitario
que trata ou atende a persoas con COVID-19 ou dos propios enfermos
identificaranse externamente. Unha opción é utilizar cinta
illante de cor ou un recurso adhesivo similar.
6.- Regulación autonómica. A xestión
de residuos, por último, debe seguir, ademais, os requisitos
establecidos na regulación autonómica habitual sobre residuos
sanitarios.
Fonte: prevencionintegral.com
Dende a ligazón podes acceder á OrdeSND/271/2020, do 19 de marzo, pola que se establecen instrucións
sobre xestión de residuos na situación de crise sanitaria
ocasionada polo COVID-19.
Ningún comentario:
Publicar un comentario