A Administración
programou a apertura para este luns malia haber centros que non
contan coas medidas preventivas necesarias
A Xunta chamou a
incorporación presencial do seu persoal e programou a apertura dos
centros de traballo a partir de hoxe, luns 18, "sen ter en conta
as medidas previstas no seu propio protocolo de reincorporación".
Diante disto, as organizacións sindicais con representación na Mesa
Xeral de Empregadas e Empregados Públicos, CIG, CCOO, CSIF e UGT,
consideran "inadmisíbel" que se abran centros de traballo
nos que non se tomaron as medidas necesarias e cando o persoal non
tivo tempo de comunicación a súa situación.
CIG, CCOO, CSIF e
UGT denuncian o incumprimento por parte da Xunta do seu propio
protocolo para a reincorporación do persoal empregado público ao
traballo presencial e as medidas de prevención fronte á Covid19,
que foi ratificado polas organizacións sindicais con representación
na Mesa Xeral.
A este respecto
explican que instalacións como as bibliotecas e os museos da
Consellería de Cultura, as Oficinas de Emprego da Consellería de
Economía, Emprego e Industria, as Oficinas Comarcais Agrarias da
Consellería do Medio Rural, abren este luns as portas "cando
nin sequera se rematou o informe de identificación e actuacións
preliminares, nin foi revisado polos Servizos de Prevención de
Riscos laborais nin polos Comités de Seguridade e Saúde Laboral
correspondentes".
Interpretacións
"retorcidas" do Protocolo
Advirten que moitas
consellerías están a facer interpretacións "retorcidas"
do Protocolo saltándose os pasos de control e avaliación "e
agora obrigan a incorporación mediante chamada telefónica, deixando
desprotexido e en grave risco ao persoal, pois na maioría de centros
non se tomaron as medidas preventivas necesarias nin este persoal
tivo tempo a comunicar a súa situación".
Sobre este punto,
sinalan que o pasado venres a ultima hora da maña, a Dirección
Xeral de Función Pública enviou unha nota informativa en relación
á solicitude de permisos en Portax sobre a
reincorporación ao traballo presencial derivado do Acordo do
Consello da Xunta de Galiza, do 8 de maio de 2020, polo que se aproba
o Protocolo. "A pregunta lóxica que nos facemos é como lle vai
dar tempo ao persoal a solicitar os permisos correspondentes á súa
situación, e as xefaturas a resolver o que sexa procedente",
inquiren.
En risco a
seguridade e saúde
Para a
representación social esta imposición de reincorporación
presencial “ás bravas” supón "poñer a todo o persoal en
risco para a súa seguridade e saúde e o abandono de menores e
maiores a cargo", desoíndo o acordado e ratificado polas
organizacións sindicais.
Fronte a iso,
lembran que o fomento do teletraballo así como a flexibilidade son
os parámetros sobre os que debe articularse a reincorporación
progresiva ao traballo presencial, aplicando ambos sobre os efectivos
recoñecidos na Resolución do 12 de marzo do CECOP ao respecto do
persoal especialmente sensíbel.
"As
organizacións sindicais rexeitan esta actitude impositiva da Xunta
que contradí o Protocolo, que pon en risco a persoas traballadoras e
usuarias dos servizos públicos e tamén vai contra a prudencia e
principio de precaución que a Administración debera ter na
reincorporación ao traballo presencial, que debe regularse polos
principios de progresividade e toma de medidas de protección
adecuadas", conclúen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario