O Concello de Betanzos vén de informar aos traballadores que no Departamento de Persoal está o expediente de reparto das axudas sociais do ano 2019 para a súa comprobación e rectificación se fose necesario. Os traballadores e traballadoras que as solicitaron poden consultar os importes no teléfono 981 770 011, extensión 2244 durante 10 días, tal e como establece o artigo 6 da convocatoria.
A comunicación non lle chegou á totalidade dos traballadores e das traballadoras que o solicitaron, polo que a CIG solicitará que así se faga, de cara a que todos e todas coñezan a información e teñan a posibilidade de reclamar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario