Tal e como xa fixemos no mes de marzo, a CIG vén de solicitar a reunión ordinaria do Comité de Empresa para que este se posicione sobre a RPT. Daquela, o presidente Santiago Ois, da CSIF, amparado polo vicepresidente, José Ángel Montes, negáronse a convocar o Comité de xeito extraordinario para que este se posicionase sobre a RPT porque sabían que adiando o tema ata a reunión ordinaria que ía ter lugar en abril xa non cabería prazo para presentar alegacións e o Comité xa escusaba posicionarse sobre a RPT fóra de prazo.
Agora, meses despois, a CIG solicita que o Comité de Empresa se reúna canto antes, non só para posicionarse sobre a RP, cuxo prazo de alegacións está aberto, senón para que o presidente informe sobre determinados temas que se lle solicitaron mais sobre os que se nega a informar por escrito.
CSIF e UGT demostraron en marzo e veremos se volven demostrar agora, a súa alianza para que saia adiante unha RPT discriminatoria para o persoal laboral sen que o Comité de Empresa nin sequera se posicione sobre un documento tal importante para a organización e as retribucións do persoal laboral do Concello de Betanzos demostrando unha covardía sen precedentes do máximo órgano de representación do persoal laboral nesta Administración local e un claro servilismo aos intereses do funcionariado e, nomeadamente, da Policía Local, o colectivo máis beneficiado da aprobación deste documento discriminatorio para os laborais. Sempre estivo claro que no sindicato dos funcionarios, a CSIF, quen leva o temón é o funcionariado, e nomeadamente os representantes da Policía Local, mais con esta RPT demóstrase xa non só que son quen dirixe a CSIF en Betanzos senón que toman decisións a custa de deixar aos laborais polo medio sen remordemento de ningún tipo.
Nova solicitude de reunión ordinaria, para tratar, entre outros temas, o posicionamento do Comité de Empresa sobre a RPT.
Resposta negativa á reunión extraordinaria para tratar o tema da RPT
Solicitude de reunión extraordinaria dos delegados da CIG do 3 de marzo.
Resposta
Ningún comentario:
Publicar un comentario