Cada ano, as altas
temperaturas afectan á saúde de moitas persoas, en particular as
persoas maiores, os nenos, os traballadores ao aire libre ou os
enfermos crónicos, motivo polo cal, o Ministerio de Sanidade activa
o Plan Estatal de Accións Preventivas contra os Efectos do Exceso de
Temperaturas e este ano pon a disposición a infografía de consellos
sanitarios fronte ao calor durante o brote de COVID-19.
O Plan permanecerá
activado dende o 1 de xuño ata o próximo 15 de setembro. Ademais
existe un seguimento nos quince días previos e o mes posterior a
este período para o caso de que fose necesaria unha activación do
Plan Nacional debido a unhas temperaturas anormalmente elevadas que
requiran unha activación previa ou unha reactivación do Plan.
O obxectivo do Plan
é previr e mitigar os efectos negativos que a calor excesiva pode
ter sobre a saúde dos cidadáns, especialmente nos grupos de risco
ou máis vulnerables, tales como persoas maiores, mulleres
xestantes, nenos e enfermos crónicos, así como nas persoas que
traballan ou realizan esforzos ao aire libre.
Para minimizar os
danos que estas persoas poden sufrir, dede o Ministerio de Sanidade
insístese nun decálogo de recomendacións xerais:
- Beba auga ou
líquidos con frecuencia, aínda que non senta sede e con
independencia da actividade física que realice.
- Non abuse das
bebidas con cafeína, alcol ou grandes cantidades de azucre, xa
que poden facer perder máis líquido corporal.
- Aínda que
calquera persoa pode sufrir un problema relacionado coa calor, preste
especial atención a bebés e nenos pequenos, maiores e persoas con
enfermidades que poidan agravarse coa calor e a deshidratación, como
as patoloxías cardíacas.
- Permaneza o maior
tempo posible en lugares frescos, á sombra ou climatizados, e
refrésquese cada vez que o necesite.
- Procure reducir a
actividade física e evitar practicar deportes ao aire libre nas
horas máis calorosas (de 12.00 a 17.00).
- Use roupa lixeira,
folgada e que deixe transpirar.
- Nunca deixe a
ningunha persoa nun vehículo estacionado e pechado (especialmente a
nenos, anciáns ou enfermos crónicos).
- Consulte ao seu
médico ante síntomas que se prolonguen máis dunha hora e que
poidan estar relacionados coas altas temperaturas.
- Manteña as súas
medicinas nun lugar fresco; a calor pode alterar a súa composición
e os seus efectos.
- Faga comidas
lixeiras que axuden a repoñer os sales perdidos pola suor
(ensaladas, froitas, verduras, zumes, etc.).
Unha das actuacións
prioritarias do Plan é a de alertar ás autoridades sanitarias e aos
cidadáns coa suficiente antelación de posibles situacións de
risco. Para iso, o Ministerio de Sanidade facilitará diariamente ás
Comunidades Autónomas as predicións de temperaturas (máximas e
mínimas) elaboradas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Esta información tamén estará dispoñible para os cidadáns na
páxina web do Ministerio.
O Plan ten en conta
as seguintes variables meteorolóxicas: as temperaturas máximas e
mínimas previstas a cinco días, as temperaturas máximas e mínimas
rexistradas o día anterior ao da data da predición e as
temperaturas limiares máximas e mínimas, establecidas en base a
estudos epidemiolóxicos que permitiron relacionar o exceso de
temperatura e a mortalidade. Ademais, considérase a persistencia no
tempo do exceso de temperatura como factor de risco para a saúde. A
asignación dos niveis realízase utilizando os seguintes criterios:
O nivel 0 (verde),
de ausencia de risco, dáse cando se prevé que en ningún día
do seguintes cinco días consecutivos, sexan superadas as
temperaturas limiares.
O nivel 1 (amarelo),
de baixo risco, espérase que 1 ou 2 días do seguintes cinco días
consecutivos, sexan superadas as temperaturas limiares.
O nivel 2 (laranxa),
de risco medio, espérase que 3 ou 4 días do seguintes cinco días
consecutivos, sexan superadas as temperaturas limiares.
O nivel 3
(vermello), de alto risco, actívase cando se espera que se superen
as temperaturas limiares en cada un dos cinco días seguintes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario