O tribunal ve
probado que a traballadora sufriu unha dobre discriminación pola súa
enfermidade e por reclamar os seus dereitos
O Concello de
Vilasantar vén de recibir un novo revés xudicial tras a sentenza do
Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que confirma a
nulidade, decretada
en primeira instancia nos Xulgados do Social da Coruña, da
súa decisión de despedir unha traballadora auxiliar do Servizo
municipal de Axuda a Domicilio pola súa "ineptitude sobrevida",
tras caer enferma. Foi o propio Concello quen recorreu o fallo.
O despedimento
produciuse a consecuencia dun longo litixio entre Goberno local e a
traballadora que, debido á súa enfermidade, estivo en múltiples
ocasións de baixa até que finalmente o INSS lle recoñeceu en 2017
a Incapacidade Permanente Total con dereito á reserva do posto de
traballo.
Ese recoñecemento
sería, porén, revisado con posterioridade, mais o alcalde, Fernando
Pérez (PP), en lugar de readmitir a traballadora, comezou a poñer
todo tipo de escusas: primeiro mandouna de vacacións, logo de
permiso retribuído, e finalmente trasladoulle a orde de permanecer
no seu domicilio indefinidamente sen ningunha carga de traballo,
situación que se prolongou durante varios meses.
Foi a propia
traballadora quen denunciou a súa falta de ocupación efectiva na
Inspección de Traballo. A consecuencia directa desta denuncia, o
alcalde optou por despedila de xeito fulminante poucos días despois,
explican dende a CIG-Administración.
Reincorporación
no cadro de persoal municipal
O alto tribunal
galego ve probado que se cometeu coa traballadora unha vulneración
de dereitos fundamentais por partida dobre, pois por unha parte
aprecia discriminación por motivo da súa enfermidade, equiparábel
a unha discapacidade; e por outra ve relación directa entre a
denuncia á Inspección e o seu despedimento, o que vulnera a
garantía de indemnidade. Ambos preceptos están plenamente
recollidos e protexidos pola normativa comunitaria.
Por este motivo,
ademais da inmediata reincorporación ao cadro de persoal municipal e
o abono dos salarios de trámite, o Concello tivo que aboar á
traballadora unha indemnización de 6.251 euros por danos morais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario