Achegamos a proposta de regulamento de funcionamento do control horario que o Concello de Betanzos entregou na Mesa Xeral de Negociación do 30 de novembro do 2020 e sobre o que as sección sindicais poderemos achegar propostas ata o 31 de decembro de 2020.
A CIG adiantou a súa postura e indicou que a regulación obxecto da xornada debe facerse a través da Comisión Negociadora do Convenio colectivo e do acordo regulador e non pode ser obxecto dunha regulación da Mesa Xeral de Negociación. Solicitou tamén que o control se realice en igualdade de condicións para a totalidade do persoal e que se regule de xeito clarificador, ademais lembrou a necesidade de adaptación das cuestións relativas á xornada e indicou a necesidade de actualización de varios aspectos sobre esta que recolle o Convenio colectivo do persoal laboral.
A CIG achegará nas vindeiras semanas as súas propostas para este documento e calquera traballador que queira facer algunha achega pode poñerse en contacto con calquera dos delegados da CIG ou través do correo cigconcellobetanzos@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario