A semana pasada a CIG trasladoulle ao Concello de Betanzos unha queixa que lle transmitiu o persoal polo que consideran unha discriminación no reparto da carga do traballo entre persoal do mesmo departamento. O certo é que hai anos que o persoal ten este tipo de queixas e cando a CIG tiña a presidencia do Comité de Empresa xa lle advertía ao Concello que este tipo de distribución do traballo podería supor unha discriminación para o persoal afectado.
Neste escrito a CIG simplemente lle lembrou ao Concello que debe asegurar a non discriminación do persoal e que o reparto da carga de traballo debe ser equitativo para o persoal adscrito a un mesmo servizo e solicitoulle ao Concello de Betanzos distribúa carga de traballo de xeito igualitario entre o persoal adscrito a un mesmo departamento e con idénticas funcións de xeito que o reparto do traballo non resulte discriminatorio para o persoal e non redunde en diferenzas entre os traballadores e traballadoras.
Resulta curioso que o concelleiro de Persoal, Diego Fernández, respondese a esta solicitude cando leva meses sen responder a solicitudes da CIG sobre outras cuestións laborais e de seguridade e saúde do persoal, mais o certo tamén é que resposta non resulta satisfactoria porque nega a realidade xa que di que a carga de traballo do persoal municipal se realiza de xeito equitativo e en función das necesidades do servizo cando todos os traballadores e traballadoras deste Concello sabemos que é evidente que non é así porque a realidade laboral diaria demostra que a carga de traballo do persoal é moi desigual e redunda en discriminacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario