12/03/21

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 37

O día 14 de xaneiro de 2021 entrou en vigor o regulamento sobre os plans de igualdade nas empresas; a normativa xa está vixente para os novos plans que se elaboren e para os que xa existan, que deberán adaptar o seu contido cando teña lugar a súa revisión, como máximo nun prazo de doce meses a partires da entrada en vigor do Real Decreto. O regulamento esixe que os plans de igualdade sexan negociados entre a dirección da empresa e os traballadores/as e que sexan inscritos en rexistro público

Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 37

1. Entra en vigor o regulamento sobre os plans de igualdade nas empresas.

2. A prevención do estrés no traballo: Lista de puntos de comprobación.

3. Sinistralidade laboral grave e mortal na galiza. Orixe e delimitación de causas. CIG.

4. Biomecánica e industria 4.0.

5. Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIG. Síntese de actividade 2020.


Ningún comentario:

Publicar un comentario