Os catro delegados e delegadas da CIG veñen de comunicarlle ao Concello que están de acordo coa proposta se reparto de axudas sociais do ano 2021, entendendo que se seguiu o procedemento establecidos e se facilitou a información ao persoal para as correspondentes reclamacións.
Esta semana o Concello enviou a información para que o Comité de Empresa emitise informe e, á vista desta situación, realizouse unha solicitude de reunión extraordinaria ao presidente do Comité da CSIF, Santiago Ois, para que reunise o organismo e elaborar o informe, entre outras cuestións. Por segunda vez consecutiva, Santiago Ois négase a convocar o Comité de Empresa, na primeira ocasión foi porque non recoñece ao novo delegado da UGT como membro do Comité independentemente do que acrediten as actas electorais das eleccións sindicais do 2019 e, destoutra volta porque volve entender que os delegados da CIG non teñen a maioría precisa que lle obrige a convocalo e para el, a emisión do informe preceptivo para que o Concello pague as axudas sociais do ano 2020 non é motivo necesario para reunir o organismo.
Ante esta situación os delegados e as delegadas da CIG decidimos comunicarlle a nosa postura con respecto a este tema ao Concello e comunicarlle que o presidente se negaba a reunir o Comité para emitir o informe, mais que independentemente disto entendemos que o Concello debía continuar coa tramitación e o pagamento das axudas para que o persoal non se vise afectado pola decisión do presidente do Comité de Empresa de faltar ás súas obrigas como máximo representante dos traballadores laborais.
A maiores, puxémonos en contacto co representante da UGT do Concello, que tamén entendía que debía convocar o Comité de Empresa e comentounos que este sindicato tamén lle comunicará a súa postura ao Concello con respecto a este tema para se axilice e que os atrancos de Santiago Ois non compliquen o pagamento das axudas.
Tendes aquí o documento rexistrado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario