A CIG vén de remitirlle a Santiago Ois unha denuncia de varios incumprimentos sistemáticos que os delegados da CSIF perpetúan nas reunións do Comité de Empresa relativos á obriga de recoller nas actas as intervencións dos delegados e delegadas. A denuncia explicita os artigos do regulamento que se incumpren, o incumprimento reiterado do presidente do deber de información ao todo o Comité de Empresa e mais solicítalle que corrixa a situación e senón tomará as medidas que procedan en dereito.
O certo é que este comportamento nin estraña vindo dos delegados dun sindicato de funcionarios que obviamente descoñece por completo o funcionamento democrático do máximo organismo de representación laboral e o que é un Comité de Empresa e cuxa única finalidade nestes dous anos con representación no persoal laboral foi aprobar unha RPT que beneficia fundamentalmente a unha parte do funcionariado grazas a excluír á maior parte do persoal laboral.
Tanto CIG como UGT solicitaron en reiteradas ocasións que se graven as reunións do Comité de Empresa para ademais, así, facilitar a redacción das actas, mais obviamente os catro delegados da CSIF néganse reiteradamente a esta proposta, mesmo en contra da maioría dos delegados, porque é moi doado contar mentiras das que non hai probas e manipular o funcionamento democrático das reunións cando non fica constancia mais que do que lles peta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario