Convocatoria da Mesa Xeral de Negociación
Proposta de modificación da RPT n.º 1O Concello convoca a Mesa Xeral de Negociación para a modificación n.º 1 da RPT pendente da sentenza do recurso contencioso-administrativo interposto pola CIG.
Nesta modificación basicamente propón o seguinte, entre outras cousas:
-Incluír unha parte dos postos do persoal laboral temporal con sentenza xudicial firme e excluír outros na mesma situación.
- Aumentar funcións nos postos de Secretaría e Intervención cun incremento salarial de 7892,62 euros con respecto ao aprobado na RPT publicada en decembro con base a unha valoración técnica por adscrición directa.
- Subirlle o nivel, a puntuación e consecuentemente o complemento específico ao posto de administrativo da ficha 24, do Departamento de Contratación e Persoal a través dunha singularización non xustificada na documentación.
- Subirlle a puntuación e consecuentemente o complemento específico ao postos administrativo do Departamento de Urbanismo da ficha 21 (C1/C2) a través dunha singularización non xustificada na documentación.
- Reconverter o posto de arquitecta funcionaria en arquitecta laboral.
-Modificar un posto de oficial da Policía Local para subirlle a puntuación e consecuentemente o salario fronte ao resto de oficiais pola responsabilidade de munición que con anterioridade tiña un posto de Policía Local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario