29/02/12
28/02/12
Abrindo Camiños, numero 13 voceiro impreso da CIG do Concello de Betanzos
24/02/12
Sen documentación: e van máis de oito meses
Solicitude Comité documentación
22/02/12
Proposta de novo regulamento de axudas sociais
Na reunión ordinaria do mes de febreiro do Comité de Empresa a CIG achegou a este órgano a súa proposta de regulamento de axudas sociais. Tal e como constaba nos compromisos de traballo da CIG e como levamos meses reclamándolle ao Concello a distribución e reparto das axudas sociais neste Concello presenta múltiples problemas que fan dubidar ao persoal na concesión e reparto e mesmo nos propios criterios.
Dende a Sección sindical da CIG levamos defendendo nos últimos meses que as axudas que o Concello a día de hoxe tira do Fondo de acción social non son máis que axudas económicas, posto que serían axudas sociais no momento en que se tivesen en conta criterios verdadeiramente sociais. A día de hoxe as axudas son lineais e nós defendemos que teñan en conta a situación económica do persoal, é dicir, que, por exemplo, teña máis axudas para os estudos dos fillos quen menos cobra e máis o necesita e máis aínda nos tempos que corren que cada día isto é máis necesario.
Tendo en conta que esta proposta que é o eixe da que a CIG presentou no Comité entendemos que ao Concello isto non lle supón custo ningún e aínda por riba beneficia a unha grande maioría do persoal, nomeadamente do persoal laboral que como norma neste Concello cobra menos que o funcionariado e aínda por riba é moito maior en número. Esa proposta foi a única presentada no Comité e foi apoiada por todos os seus membros. Para alén da definición dun cambio no criterio de reparto das axudas este novo regulamento clarifica ben o procedemento administrativo que cómpre seguir e abre o camiño cara a unha maior transparencia na solicitude, reparto e concesión destas axudas.
Agradecemos o apoio de todo os membros do Comité a esta proposta presentada pola CIG posto que pode supoñer unha distribución máis xusta do Fondo de Acción Social do Concello e será en beneficio de todo o persoal laboral e o Comité presentaralle ao Concello nos vindeiros días a proposta definitiva, que será negociada xunto co convenio, posto que conforma o anexo IV da proposta de novo convenio para o persoal laboral.
17/02/12
CIG INFORMA
CIG INFORMA RETRIBUCIÓNS
16/02/12
15/02/12
Convocatoria de cursos para o personal de axuda no fogar e atención á dependencia en Mesía e San Sadurniño
Información achegada pola Secretaría da Muller da CIG
A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza menor de tres anos e o prazo para entregar as solicitudes estará aberto até o vindeiro luns 26 de marzo.
Podes consultar a nova completa, consultar o DOG coa orde, e descargar o formulario de solicitude premendo aquí.

14/02/12
Presentada a demanda contra o Concello de Betanzos
Logo de meses intentando dialogar co Concello, múltiples resolucións que recortaban dereitos e continuas complicacións ao novo Comité de Empresa, a finais do ano pasado o Comité de Empresa decidiu demandar ao Concello de Betanzos, esta demanda materializouse hai uns días e abre unha vía que en ningún momento dende a CIG se quixo recorrer mais á que os acontecementos obrigaron a buscar logo de que o Concello non intentase solucionar os conflitos xerados nos primeiros meses cos novos delegados sindicais, especialmente cos da CIG, elixidos nas pasadas eleccións polos seus compañeiros.
Non sabemos se a isto se debe, mais o certo é que tanto nas discrepancias sobre representatividade na Mesa Xeral de Negociación coma con algún outro tema, como a negativa a facilitarlle a documentación que por lei lle pertence ao Comité, parece que o Concello nos últimos días intenta amosar a súa dispoñibilidade a facilitar a documentación e non ir na contra do que a lei marca, para aforrar futuros procesos xudiciais perdidos dende o comezo. Dende a CIG alegrámonos por esta nova actitude mais tamén nos lamentamos de que o Concello obrigase a recorrer a vías xudiciais para solventar problemas creados polo propio Concello por vulnerar en reiteradas ocasións dereitos fundamentais dos delegados sindicais, e agardamos que non se teña que repetir e o Concello deixe realizar o seu papel ao Comité de Empresa e non interfira no que en moitos outros concellos é a actividade cotiá dos delegados sindicais.
O Concello dálle a razón á CIG e comprométese a recuar na vindeira Mesa Xeral de Negociación
Cómpre dicir que o Concello deulle outra volta ao tema logo de que na Mesa de Negociación de funcionarios do día seguinte dende a representación da CIG se lle indicase que no momento en que lle entregasen a acta da constitución da Mesa Xeral se tomarían as medidas legais oportunas para garantir o cumprimento da lei canto a representación na constitución da Mesa Xeral de Negociación. Moi significativo é tamén que os sindicatos que representan aos compañeiros funcionarios que no día anterior se posicionaran, xunto coa UGT, en contra da proposta da CIG, virasen repentinamente e cambiasen de criterio drasticamente ao se tratar da representación do funcionariado, onde si que reclamaban que esta fose en función dos resultados das eleccións dos funcionarios. Debido a isto, nas mesas convocadas a semana pasada quedou claramente demostrado quen é cada quen, e a CIG foi a única que defendeu o mesmo criterio e non virou a chaqueta segundo lle conviña.
Dende a Sección sindical da CIG consideramos penoso que os propios compañeiros de ugt votasen a favor da proposta do Concello e en contra do que marca a lei e máis aínda cando na reunión ordinaria do Comité de Empresa do mes de febreiro admitiron que o único motivo que os levou a apoiar ao Concello foi ir en contra da proposta da CIG á marxe de que esta fose beneficiosa para todo o persoal laboral.
A CIG considera que a reforma laboral é profundamente antiobreira e confirma a necesidade dunha contundente resposta social
Para Seixo esta reforma fixa unhas relacións laborais á carta para os empresarios. “Está promovida pola burguesía española en favor dos intereses da súa clase”, afirma e engade que “é clasista e elitista, para satisfacer unicamente as demandas da banca e da grande patronal”.
Entre outras medidas, redúcese de 45 a 33 días por ano traballado a indemnización polo despedimento improcedente, afectando en parte, mesmo aos contratos subscritos con anterioridade á reforma.
No caso de despedimentos por causas obxectivas (EREs) elimínase o control previo por parte da administración das causas alegadas polas empresas. Ábrese ademais a posibilidade de recorrer a ERES no ámbito do sector público.
Baixo o eufemismo de “Impulso do contrato para a formación e aprendizaxe”, amplíase a idade máxima para ter acceso a este tipo de contrato até os 30 anos, cando menos até que a taxa de desemprego baixe do 15%. Permítese ademais que logo de ter este tipo de contrato nun sector de actividade, o traballador volva ter esta modalidade de contrato noutros sectores. Podes ser un eterno aprendiz até os 30 anos, pasando por diferentes sectores.
Unha vez máis insístese en bonificar ás empresas con fondos públicos, coa desculpa de facilitar o emprego de carácter estábel fomentando mesma competitividade entre os propios traballadores, segundo teñan ou non prestación por desemprego.
Legalízase a fraude que xa existe na actualidade de que haxa traballadores contratados a tempo parcial pero con xornadas superiores e a libre disposición da empresa.
Na negociación colectiva dáselle prioridade absoluta aos convenios de empresa o que suporá dividir moito máis aos traballadores/as, rebaixar salarios e condicións laborais xeneralizando así o dumping social. Alén diso, facilítase que as empresas deixen de aplicar os salarios pactados en convenio colectivo (descolgue).
Créase un novo tipo de contrato indefinido para empresas de até 50 traballadores/as, que terán un período de proba dun ano. Isto implica que o traballador pode ser despedido libre e gratuitamente, sen ningunha indemnización, durante todo este tempo. Isto vai fomentar a maiores, maior rotación no posto de traballo e o incremento da temporalidade.
Hai unha desregulación absoluta das condicións de traballo dentro da empresa, tanto no relativo ás funcións que pode desempeñar o traballador, como na xornada, o horario ou o sistema de rendemento, dándolle prioridade absoluta ás necesidades da empresa sobre os dereitos dos traballadores.
Inútil para crear emprego
Ante este durísimo paquete de medidas, dos que estas son apenas un exemplo, Seixo asegura que, tal e como se demostrou coas reformas laborais anteriores, esta tampouco vai favorecer a creación de emprego. “O problema está no modelo económico e nas políticas que se fan”.
Fronte a isto, aposta por atacar a crise a través doutras políticas fiscais que xeren ingresos ao estado, incrementar o investimento público para reactivar a economía e crear unha banca pública que garanta crédito e liquidez á pequena e mediana empresa. “O propio Banco de España, cando fala de que entramos de novo en recesión di que as causas fundamentais están na falta de crédito e na caída da demanda interna”, lembra o secretario xeral da CIG quen insite en que “a caída da demanda ten que ver é coa caída dos salarios. E esta reforma o que vai provocar é unha caída aínda maior dos salarios e precarizar de forma xeralizada as condicións da clase traballadora”.
Mobilización social
Para Suso Seixo, ante estas medidas só cabe respostar coa mobilización sociahttp://www.blogger.com/img/blank.gifl. “A sociedade ten que asumir que con este tipo de políticas non só non saímos da crise senón que se agudiza aínda máis a recesión económica. Estas políticas fanse desde unha vertente ideolóxica determinada, a da dereita e do neoliberalismo”.
Por iso, fai un chamamento a que todas as organizacións sindicais se sumen á convocatoria de folga xeral e defendan outro tipo de políticas. “Entendemos que está máis que nunca xustificada e que as políticas antisociais e antiobreiras do PP non quedan aquí. Nos orzamentos que se van aprobar no mes de marzo estamos convencidos de que van vir medidas aínda moito máis duras”.
De www.galizacig.com.
11/02/12
07/02/12
A UGT VENDEU AO PERSOAL LABORAL NA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN!!!!
Se o persoal laboral é o dobre que o funcionariado non pode estar representado en igual número na Mesa de Negociación, iso é antidemócratico! O persoal laboral somos o dobre de traballadores e non temos porqué ser sempre menos que o funcionariado cando traballamos o mesmo tempo e aínda por riba cuns salarios moi inferiores. Parece ser que a UGT, que representa a unha parte do persoal laboral, non pensa o mesmo, debe pensar que é mellor quedar á cola, darlle o visto e prace ás propostas do Concello e vender ao persoal laboral unha vez máis. Agora si que empezamos a entender dende a CIG porqué os laborais sempre fomos por detrás do funcionariado, hoxe quedou claro cal foi o único sindicato que defendeu ao persoal laboral e a súa maior representatividade na Mesa Xeral de Negociación.
Que lle parecería ao Goberno se no pleno estivesen representados todos os partidos por un só concelleiro e non se tivesen en conta as eleccións locais? Pois iso é o que está a facer co persoal laboral, só que non é doado ver a palla no ollo alleo.
Hoxe quedou clara a alianza de todos os sindicatos con representación neste Concello coa propìa administración e que dende a CIG somos os únicos que mantemos os nosos compromisos de traballo e que poñemos de manifesto as irregularidades que o Concello teima en cometer. O de hoxe foi un atraco a man armada orquestrado polo Concello e apoiado por CCOO, UGT e CSIF, dende a CIG tomaremos as medidas oportunas mais é unha mágoa que o Concello teime en xudicializar as relacións coa representación dos traballadores ao saltar continuamente por riba da lei.
Xa que a UGT na Mesa xeral non explicou o motivo polo que pensa que o persoal laboral debe ter igual representación que os funcionarios cando por lei lle correspondería aos sindicatos que o representan máis representación nesa Mesa xeral, ao igual que nós faremos animámosvos, a ver se hai máis sorte, a que lle preguntedes aos compañeiros delegados da UGT a que se debe semellante sintonía coas propostas do goberno local que van en contra da lei e en detrimento da representación do persoal laboral.
Artigo 35 do EBEP... e o Concello pensará... a lei, para que?
Artigo 35. Constitución e composición das mesas de negociación
1. As mesas a que se refire o artigo anterior quedarán validamente constituídas cando, alén da representación da administración correspondente, e sen prexuízo do dereito de todas as organizacións sindicais lexitimadas a participaren nelas en proporción á súa representatividade, tales organizacións sindicais representen, como mínimo, a maioría absoluta dos membros dos órganos unitarios de representación no ámbito de que se trate.
2. As variacións na representatividade sindical, para os efectos de modificación na composición das mesas de negociación, serán acreditadas polas organizacións sindicais interesadas, mediante o correspondente certificado da oficina pública de rexistro competente, cada dous anos a partir da data inicial de constitución das ditas mesas.
3. A designación dos compoñentes das mesas corresponderá ás partes negociadoras, que poderán contar coa asistencia nas deliberacións de asesores, que intervirán con voz, pero sen voto.
4. Nas normas de desenvolvemento do presente Estatuto establecerase a composición numérica das mesas correspondentes aos seus ámbitos, sen que ningunha das partes poida superar o número de quince membros.
Artigo 36
A representación das organizacións sindicais lexitimadas para estaren presentes de acordo co disposto nos artigos 6 e 7 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, distribuirase en función dos resultados obtidos nas eleccións aos órganos de representación do persoal, delegados de persoal, xuntas de persoal e comités de empresa, no conxunto das administracións públicas.
Convocatorias de Mesas de Negociación
convocatorias
Moi interesante: circular da Xunta interpretativa dos artigos 2, 3 e 4 do RD Lei 20/2011
Circular de recomendada lectura!
Circular Escaneada


