Unha vez máis o Goberno municipal demostra un desprezo absoluto polo persoal laboral ao pagarlle as axudas sociais aos compañeiros funcionarios e non ao persoal laboral. Segundo nos informaron algúns compañeiros por parte do funcionariado o Concello pagoulle coa nómina do mes de marzo as axudas sociais aos funcionarios e ao persoal laboral non.
Esta discriminación afonda en todas as que leva anos padecendo o persoal laboral neste Concello, a ollos do goberno, e a pesar de que o persoal laboral é moito máis en número, e hai mesmo compañeiros que levan máis de vinte anos traballando para o Concello, non ten dereito a soldo semellante, os do persoal laboral son moito máis baixos, non ten os mesmos dereitos, en moitos casos denéganse dereitos que para o funcionariodo serían impensables e aínda por riba agora nin ten dereito a cobrar as axudas sociais ao tempo e queda cos cartos sobrantes de pagarlle as axudas aos funcionarios.
Estamos ante unha situación totalmente vergoñenta e denigrante para o persoal laboral que por segunda vez nesta lexislatura e por primeira vez con este goberno non cobra as axudas ao tempo dos compañeiros e é discriminado en función da súa relación contractual con este Administración, feito que o propia Lei do Estatuto dos Traballadores indica no artigo 15.6:
Dende a CIG rexistramos xa con respecto ás axudas sociais do ano 2010 diversos escritos denunciando as irregularidades de todo o proceso, e se, polo momento, non iniciamos ningún proceso xudicial con respecto a este tema sempre foi para que en ningún caso isto perxudicase aos compañeiros porque se podería paralizar o cobro das axudas, foi, pois, polo ben de todo o persoal laboral polo que aínda non elevamos as queixas a outro nivel. Iso si, animamos a que o persoal que observe algunha irregularidade ou non estea de acordo coa asignación no momento que esta se faga, acuda a nós se quere facer reclamación individual porque erros e inxustizas neste tema lévaas habendo anos mais polo que vemos cada día son máis graves e sempre as repercusións son en detrimento dos laborais.
Seguirémosvos informando dos pasos que deamos con respecto a esta discriminación como CIG e dentro do propio Comité mais ao goberno municipal deberíalle dar vergoña o tratamento discriminatorio que está a ter co persoal laboral fronte ao funcionariado, cando todos e todas son traballadores do Concello aínda que os laborais estean suxeitos a contratos temporais ou mesmo en moitos casos en fraude de lei, cobren bastante menos e aínda por riba o Concello os utiliza tanto para un roto como para un descosido, é dicir, traballadores e traballadoras "para todo" que a fin de contas actúa como se non lle importasen nada.

Os traballadores con contratos temporais e de duración determinada terán os mesmos dereitos que os traballadores con contratos de duración indefinida, sen prexuízo das particularidades específicas de cada unha das modalidades contractuais en materia de extinción do contrato e daquelas expresamente previstas na Lei en relación cos contratos formativos. Cando corresponda en atención á súa natureza, tales dereitos serán recoñecidos nas disposicións legais e regulamentarias e nos convenios colectivos de xeito proporcional, en función do tempo traballado.
Dende a CIG rexistramos xa con respecto ás axudas sociais do ano 2010 diversos escritos denunciando as irregularidades de todo o proceso, e se, polo momento, non iniciamos ningún proceso xudicial con respecto a este tema sempre foi para que en ningún caso isto perxudicase aos compañeiros porque se podería paralizar o cobro das axudas, foi, pois, polo ben de todo o persoal laboral polo que aínda non elevamos as queixas a outro nivel. Iso si, animamos a que o persoal que observe algunha irregularidade ou non estea de acordo coa asignación no momento que esta se faga, acuda a nós se quere facer reclamación individual porque erros e inxustizas neste tema lévaas habendo anos mais polo que vemos cada día son máis graves e sempre as repercusións son en detrimento dos laborais.
Seguirémosvos informando dos pasos que deamos con respecto a esta discriminación como CIG e dentro do propio Comité mais ao goberno municipal deberíalle dar vergoña o tratamento discriminatorio que está a ter co persoal laboral fronte ao funcionariado, cando todos e todas son traballadores do Concello aínda que os laborais estean suxeitos a contratos temporais ou mesmo en moitos casos en fraude de lei, cobren bastante menos e aínda por riba o Concello os utiliza tanto para un roto como para un descosido, é dicir, traballadores e traballadoras "para todo" que a fin de contas actúa como se non lle importasen nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario