Hai xa meses que dende a CIG vimos observando como o Concello de Betanzos non fai máis que retrasar as convocatorias pendentes cos representantes dos traballadores, estámonos a referir á Mesa Xeral de Negociación, que dende o pasado mes de febreiro leva sen se reconstituír en función da representatividade, lembrade que a primeira vez que se intentou constituír os compañeiros do Comité da UGT tentaron vender a representación dos laborais, á Comisión negociadora do novo convenio, que logo dun parón de moitísimos meses convocouse o 1 de marzo, mais coa afirmación do Concello de que pouco demoraría unha nova convocatoria, e van xa tres meses e tamén, e unha convocatoria de Mesa Xeral centrada exclusivamente na aprobación dunha nova proposta de axudas sociais baseada en criterios sociais coa que tamén o Concello se comprometeu hai xa máis dun mes, coa finalidade de axilizalo canto antes e para que as axudas deste ano 2012 se puidesen rexer xa por un novo regulamento.
Seguimos, pois, á espera, de tratarmos nos organismos de reunión pertinentes demasiados temas, e o certo é que aínda que o Concello semana tras semana indica que para a seguinte convocará ao Comité de Empresa iso non acontece e os meses pasan, hai xa un ano que este Comité de Empresa é o representante dos traballadores e nin sequera hai convocada, un ano despois!, unha Mesa Xeral ao xeito, isto paraliza a resolución de moitos conflitos porque se algo temos ben claro dende a CIG é que onde se teñen que amañar as cousas é nas negociacións convocadas polo Concello para tal e efecto e que nos despachos moitas veces pódense tratar moitos temas mais os acordos firmes só se poden tomar nos organismos que a lei ten designados para a negociación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario