03/07/12

Xuízos dos compañeiros do GRUMIR


Dende o mes pasado e ao longo deste mes están a ter lugar no Xulgado do Social da Coruña os xuízos de oito compañeiros do GRUMIR que demandaron ao Concello por despido improcedente. Dende este blogue, como voceiro da sección sindical da CIG, queremos amosar o noso total apoio aos compañeiros que logo de anos e anos traballando para o Concello nunhas condicións laborais precarias, onde lles negaban dereitos e os contrataban intermitentemente para amañar tanto un roto coma un descosido.

Á vista do que o Concello defende cando chega ao xulgado queda ben patente o que significamos os traballadores para esta Administración, mentres que cando fas todo e máis do que che corresponde louban mil veces a necesidade do traballo deste colectivo e mesmo lles din que realmente fan labores imprescindibles para o Concello, como en realidade sabemos todos que é, unha vez que reclaman os seus dereitos, logo de anos e anos traballando en precario á Administración éncheselle a boca ao dicir que se ese persoal non estaba na Relación de Postos de Traballo era porque non era necesario realmente e de aí que os seus contratos sempre estivesen suxeitos a unha subvención. Ben certo é que é unha decisión dura dar un paso semellante mais o que é triste é ver como os representantes do Goberno din unha cousa diante do traballador e no xulgado viran completamente a cara con tal de non readmitir ao persoal tan aprezado hai uns meses e, segundo din, tan innecesario agora.

O que está claro é que estes compañeiros deron unha paso moi importante ao querer facer valer os seus dereitos como traballadores e que se debería facer xustiza mais independentemente diso cada un destes chanzos é unha lección para persoas que formamos parte da CIG deste Concello porque temos a contrapartida da cara doce que amosa o Concello por diante e amarga cando chega a hora de desprezar ao persoal con formas dunha multinacional onde os traballadores non son máis que un número.

Ningún comentario:

Publicar un comentario