Como
sabedes estamos na datas de realización da Declaración
da Renda, e podedes realizala nas oficinas que a Confederación
Intersindical Galega ten no Edificio Sindicatos, 6.º andar, na
Avenida Alfonso Molina da Coruña, para pedir a vosa cita
podedes facelo previamente no 981 169 293, teléfono da
centraliña da comarca da Coruña.
A
maiores, se o que precisades é unha certificación do
pagamento da cota sindical durante o ano 2012, que é un gasto
deducible no IRPF segundo o artigo 19.2 da Lei do IRPF e desgrava a
contía total pagada polas cotas sindicais reducindo a base
impoñible, podedes solicitarlla a Silvia, da Sección
sindical do Concello de Betanzos, enviar un correo electrónico
a cigconcellobetanzos@gmail.com
ou solicitala nas propias oficinas da CIG. Lembrade revisar o
borrador da renda porque aínda que debería incluír
as cotas no seu cálculo rara vez o fai e para desgravar a cota
sindical haberá que modificar o borrador en moitos casos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario