O
Comité de Empresa, por iniciativa da CIG vén de
solicitar a compensación do tempo dos reoñecementos
médicos para o persoal que foi convocado fóra da súa
xornada laboral cando estes
recoñecementos médicos deben ser realizados durante a
xornada laboral e contan como tempo de traballo efectivo.
Tendo
en conta que o Concello non puxo en coñecemento do persoal
convocado fóra da súa xornada de traballo ningún
sistema de compensación para corrixir a discriminación
que supón que unha parte do persoal realice o recoñecemento
en horario laboral, como debe realizarse, e outra dispoña do
seu tempo libre para realizar tal recoñecemento propúxoselle
ao Concello que a compensación horaria pertinente podería
ser a redución do tempo empregado no recoñecemento
médico ao inicio ou ao final da mesma xornada laboral en que
cada traballador ou traballadora está convocado a tal
recoñecemento.
Igualmente,
solicitouse que o Concello establecese con carácter urxente,
debido a que o persoal está chamado aos recoñecementos
na semana que vén, cal será a compensación en
tempo para o persoal que está convocado ao recoñecemento
médico fóra da súa xornada laboral, e en que
momento poderán deducir esta compensación do seu
horario laboral e que tivese en conta, sempre que realice os
recoñecementos médicos anuais, que a existencia de
distintos horarios laborais e a obrigatoriedade de realizar as
revisións médicas dentro do horario laboral de cada
traballador/a crean a necesidade de informar do sistema de
compensación horaria para o persoal que é convocado a
realizar os devanditos recoñecementos fóra da xornada
laboral e informe con carácter previo a todos os
traballadores e traballadoras afectadas desta circunstancia e as
posibilidades e o xeito da compensación correspondente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario