Na
semana pasada o Concello prosegiu coas negociacións con
respecto ás bases de selección do persoal laboral
temporal. Cómpre aclarar que unha vez máis convocou ao
Comité de Empresa o pasado luns 20 de maio a unha Comisión
creada para o efecto cos partidos da oposicións e á que
o Comité de Empresa se negou a asistir logo de entender que
ese non era un organismo de negociación lexístimo para
os traballadores.
Na
última Mesa Xeral de Negociación co Concello ficaron
claras varias cousas e dende a CIG deixamos clara a nosa postura. As
bases xerais de selección de persoal laboral deben ser
aprobadas nunha Mesa Xeral de Negociación exclusiva de
laborais, posto que é un asunto que só lle afecta a
laborais, pois cal foi a nosa sorpresa cando se presentan os
representantes de funcionarios, que foran convocados e inmediatamente
o Concello e o CSIF se alían para dicir que non era posible
facelo doutro xeito E QUE OS FUNCIONARIOS PODEN OPINAR DOS TEMAS DELABORAIS LOGO DE QUE O PROPIO CONCELLO EXCLUÍSE AO SINDICATOMAIORITARIO DE LABORAIS, A CIG, DA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓNDE FUNCIONARIOS, Á QUE ASISTIAMOS COA ÚNICA FINALIDADE
DE COMPROBAR A VONTADE DO GOBERNO DE IGUALAR DEREITOS DE LABORAIS E
FUNCIONARIOS.
Por
tanto, dende este pasado xoves a cousa está así, o
sindicato maioritario de funcionarios, o CSIF decide ter voz e voto,
coa connivencia do goberno, para os temas que lle afectan
exclusivamente a persoal laboral, e o mesmo sindicato, coa
connivencia do propio goberno municipal, expulsa á CIG da Mesa
de funcionarios roubándolle o seu dereito a voz e voto na
devandita mesa. A negociación de laborais, por estaren
suxeitos a un contrato realízase exclusivamente cos delegados
sindicais dos sindicatos que os representan, pola contra, no caso de
funcionario, a negociación debe ser directa cos sindicatos,
neste Concello é ao revés.
Finalmente,
logo de máis dun ano dándolle voltas a estas bases de
selección dende a CIG ficamos satisfeitos porque grazas ao
traballo do Comité de Empresa e ás alegacións
presentadas por este o Concello terá unhas novas bases de
selección de persoal laboral temporal axustadas á
legalidade e criterios máis xustos que as anteriores, mais
esta semana pasada ficamos perplexos ante o pacto ao que asistimos en
vivo e en directo do CSIF co goberno municipal, e o que é
peor, alentado pola UGT, que practicamente fai o que sexa con tal de
achegarse á postura do goberno municipal. Ficamos perplexos
tamén PORQUE O GOBERNO PERPETUOU UNHA DISCRIMINACIÓN
ENTRE LABORAIS E FUNCIONARIOS QUE VAI DEIXAR PEGADA e da que non vai
saír impune, principalmente porque o que é inxusto
vaino seguir sendo por moito que nos queiran facer crer o contrario e
este Concello perpetúa o tratamento cara ao persoal laboral
como traballadores de segunda non só en salarios senón
tamén dereitos e na propia toma de decisións dos temas
que a eles mesmos lles afectan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario