A
Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia
(TSJRM) desestimou o recurso que presentou un obreiro da construción
contra a súa empresa tras o accidente laboral sufrido nunha obra
porque este se produciu pola súa imprudencia.
A Sala, que confirma a sentenza ditada por un Xulgado do Social,
sinala que este declarou probado que o accidente sufrido por este
obreiro se produciu ao caer dende un castelucho, a uns tres metros de
altura, cando se procedía á enchedura de formigón dun piar.
Ao
desprazarse o piar, engadía o xuíz, envorcou o castelucho,
arrastrando na súa caída ao demandante, que, como consecuencia das
lesións sufridas, foi declarado en situación de incapacidade
permanente total.
A
sentenza, ratificada agora polo TSJRM, absolveu a empresa demandada,
declarando, ademais, improcedente a recarga do 30 por cento nas
prestacións que lle impuxera o Instituto Nacional da Seguridade
Social (INSS).
A
Sala, ao confirmar esa sentenza, indica que "o accidente foi
debido, en esencia, á conduta imprudente do traballador accidentado,
sen que a conduta da empresa tivese entidade relevante ao respecto".
E
engade que a imprudencia do demandante estivo en que unira o cable do
vibrador á estrutura do castelucho, debendo estar este independente
do piar, ou, o que é o mesmo, o nó do cable ou mangueira, que
estaba unido á estrutura do castelucho, provocou un aumento da
presión da saída do formigón". "O piar tombouse, e iso
orixinou a caída do traballador, polo que a conduta imprudente deste
consistiu en unir o cable ou mangueira do vibrador mediante un nó á
estrutura do castelucho".
Fonte: www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario