11/09/13

Absolven unha empresa porque o accidente laboral foi imprudencia do obreiro

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia (TSJRM) desestimou o recurso que presentou un obreiro da construción contra a súa empresa tras o accidente laboral sufrido nunha obra porque este se produciu pola súa imprudencia.
 A Sala, que confirma a sentenza ditada por un Xulgado do Social, sinala que este declarou probado que o accidente sufrido por este obreiro se produciu ao caer dende un castelucho, a uns tres metros de altura, cando se procedía á enchedura de formigón dun piar.
Ao desprazarse o piar, engadía o xuíz, envorcou o castelucho, arrastrando na súa caída ao demandante, que, como consecuencia das lesións sufridas, foi declarado en situación de incapacidade permanente total.
A sentenza, ratificada agora polo TSJRM, absolveu a empresa demandada, declarando, ademais, improcedente a recarga do 30 por cento nas prestacións que lle impuxera o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
A Sala, ao confirmar esa sentenza, indica que "o accidente foi debido, en esencia, á conduta imprudente do traballador accidentado, sen que a conduta da empresa tivese entidade relevante ao respecto".
E engade que a imprudencia do demandante estivo en que unira o cable do vibrador á estrutura do castelucho, debendo estar este independente do piar, ou, o que é o mesmo, o nó do cable ou mangueira, que estaba unido á estrutura do castelucho, provocou un aumento da presión da saída do formigón". "O piar tombouse, e iso orixinou a caída do traballador, polo que a conduta imprudente deste consistiu en unir o cable ou mangueira do vibrador mediante un nó á estrutura do castelucho".
Fonte: www.cigsaudelaboral.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario