Nota enviada polos compañeiros de CIG-Administración pública central para informarnos sobre o que aternos no 2014
NOTA INFORMATIVA
Anteproxecto de Lei de Orzamentos do Estado para o 2014 Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas 26 setembro 2013.
Por parte da Dirección Xeral da Función Pública faise exposición das medidas que, con carácter básico, incluirán no Anteproxecto de Lei de Orzamentos do Estado que vai aprobar o Goberno este mesmo venres. Manifestase por parte da Administración que “é constatable que hai sinais favorables na economía española, en parte, debido ós esforzos realizados dende o conxunto das Administracións Públicas no relativo ó compromiso de contención do gasto público”; e “nesta liña encaixanse as medidas contempladas para o ano 2014”, que se concretan en:
MATERIA RETRIBUTIVA
Conxelacion salarial e prohibición de aportación de fondos para Plans de Pensións
EMPREGO PÚBLICO
No ano 2014 non haberá incorporación de novo persoal, a excepción daqueles que proveñen de convocatorias incluidas en Ofertas de Emprego Público de anos anteriores.
Non haberá reposición de efectivos agás naqueles colectivos ou sectores considerados como prioritarios, que poderán establecer ate un 10 % de reposición; a relación de colectivos é coincidente cos relacionados na lei de orzamentos para o 2013: Educación, Sanidade, Corpos e Forzas de Seguridade, Policía Local (en Concellos saneados poderá ser ate do 100%), Forzas Armadas, Persoal Investigador, loitas contra o lume, loita contra o fraude fiscal, laboral, e de seguridade social …... Prohibición de incorparación de persoal eventual para substitucións de baixas ou ausencias. (exceptúanse tamén desta prohibición determinados colectivos ou sectores prioritarios).
Remata a exposición da Administración valorando as medidas anunciadas como “un paso positivo no actual contexto económico”.
O plantexamento por parte da representación da Área Púbica da CIG foi:
Comezando polas formas da convocatoria, criticar que o que debería ser un proceso de negociación se vexa reducido a unha mera xuntanza informativa das medidas xa decididas a modo de imposición, sin aportar ningún tipo de documentación previa necesaria para poder dabetir os puntos da orde do día. En canto as medidas de carácter retributibo, lembrouselle o feito de que xa levemos acumulada unha perda de poder adquisitivo que ronda o 25 % nosúltimos catro anos, e que, a conxelación non tiña un efecto neutro, xa que suporá un novo recorte salarial e o incremento do poder adquisitivo perdido. Sendo ainda máis grave no caso do persoal da Comunidade Autónoma de Galicia, que, a maiores, verán reducidas novamente as súas retribucións polas medidas adoptadas polo Goberno de Feijoo.
Ademáis destes recortes hai que ter en conta a reducción salarial que supon o desconto en situación de Baixa por Incapacidade Temporal así como a reducción dos fondos adicados a plans de Acción Social. Respecto das medidas relativas ó emprego público, consideramos que a non reposición de efectivos, ademáis dun aforro no gasto, ten como obxetivo a desaparición paulatina dos servizos públicos e a substitución destes por iniciativa privada que provocarán maiores costes e peores servizos. Non é entendible que coa taxa de paro existente, o Goberno siga a manter esta medida cando as Administracións Públicas deberían ser as primeiras impulsoras na creación de emprego; provocando un efecto contrario ó restar capacidade ecoonómica ó conxunto da sociedade e con elo xerar desconfianza e empobrecemento.
Solicitamos a retirada da prohibición de contratar substitucións para o persoal en situación de baixa, permitindo que estas ausencias (xa que son descontadas das retribucións) poiden ser cubertas con contratacións temporais. Demandamos tamén a retirada da imposición da ampliación da xornada laboral a 37,5 horas semanais, demandando o establecemento dunha xornada para o cunxunto das Administracións Públicas de 35 horas semanais. Para a CIG, detrás destas medidas agóchase a intención do Partido Popular de “ir adelgazando a Administración”, provocando o peche de determinados servizos e favorecer deste xeito un proceso privatizador.
En conclusión, dende a CIG dicimos:
NON ós recortes
NOS ás rebaixas salariais
NON os descontos por baixas médicas
NON á eliminación da taxa de reposición de efectivos
NON ó incremento da xornada laboral
NON á privatización dos servizos públicos
SI á recuperación do poder adquisitivo perdido
SI ó fomento do emprego nas Administracións Públicas
SI ó restablecemento dos nosos dereitos
SI á defensa dos servizos públicos
Galiza, 26 de setembro de 2013.
Ningún comentario:
Publicar un comentario