Ao
Concello de Betanzos deulle por "chorar" estes días na
prensa contra unha lei estatal que salta cando e como lle convén.
Reproducimos
a nova de hoxe na prensa:
La Voz
de Galicia, 31 de xaneiro de 2017
La
jubilación de Andrés Ares, conserje del edificio Liceo, ha
provocado el cierre al público de este mítico inmueble del centro
de Betanzos. La programación cultural ha cancelado las exposiciones
de pintura programadas para el mes de febrero, dado que no existe la
posibilidad de que nadie abra el acceso en el horario habitual. En su
puerta se acumulan bolsas con tapones de plástico, ya que es centro
de recogida.
De
momento, habrá servicios puntuales, como los sábados del mes de
febrero, con motivo del ciclo de teatro aficionado. «Algún
trabajador del Concello estará allí el sábado por la tarde para
abrir al público durante la función», explica el concejal
responsable de personal, Diego Fernández, quien señala a la Ley de
Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local como
principal culpable de la imposibilidad de contratar al nuevo
conserje. «Es la propia ley la que nos impide contratar personal, no
es un impedimento interno del Concello de Betanzos, será complicado
resolverlo, pero creemos que la ley tiene que cambiar», argumenta el
edil socialista. «Tenemos la plaza, el presupuesto... podemos
convocar y cubrirla, pero simplemente no nos deja el Estado», añade
Diego Fernández, quien matiza que la normativa contempla algunas
excepciones «como la contratación de la Policía Local».
En
Betanzos ya saben de las consecuencias de esta norma, gestada para
paliar el endeudamiento de los ayuntamientos. No muy lejos del
edificio Liceo, en el lugar que ocuparon un días la viejas escuelas,
espera desde hace siete años la apertura de una nueva biblioteca
infantil, toda una planta perfectamente acondicionada pero inservible
porque no hay quien la atienda. Al principio, hubo que resolver
problemas de ventilación por una obra defectuosa. Pero ha dado igual
la premura de la rectificación en la instalación. La ley Montoro
impide al Concello de Betanzos «fichar» una persona que atienda
este coqueto recinto, ya incluso perfectamente equipado con libros y
discos.
Ahora,
el adiós a la vida laboral de Andrés Ares, una de las personas más
carismáticas y queridas en la población, ha complicado la
disponibilidad de este espacio para el público y uno de los aforos
más demandados por los pintores de la comarca.
Pero no
todo son malas noticias. El Ayuntamiento de Betanzos prevé que a
mediados de este año, el cine Alfonsetti -otro local cerrado
habitualmente- dispondrá ya de equipo de proyección.
Aínda
hai menos dun ano ao goberno municipal non lle importou nin o máis
mínimo contratar a unha patroa para a Diana Cazadora, un posto que
non existe na Relación de Postos de Traballo nin depende de ningunha
subvención e que tampouco responde a unha situación expecional
posto que hai moitísimos anos que o Concello ofrece o servizo da
embarcación, polo que o seu carácter excepcional e extraordinario
tampouco estaría xustificado. Ese Estado, que segundo o concelleiro
de Persoal lle impide contratar conserxe, non fixo nada contra o
Concello cando contratou unha patroa, ese Estado demostroulle ao
Concello nos últimos anos que contratou a once traballadoras e
traballadores en fraude de lei e o Concello readmitiu a algúns deles
(seguimos descoñecendo o criterio), e o propio goberno municipal ten
informes da asesoría xurídica que advirten da situación irregular
de varios traballadores do xa inexistente GRUMIR que non foron
despedidos á vez que o resto de compañeiros que tiveron que ir ao
xulgado e aquí non pasa nada! A situación irregular é unha
constante do persoal laboral neste Concello e o goberno municipal
bota a mirada a un lado, polo que chorar polo que a lexislación
non deixa facer xa case lle debería resultar un pouco vergoñento. De feito, o problema de utilizar os argumentos cando che veñen en gana é que se volven na túa contra cando os feitos demostran o contrario.
Acaso a lexislación estatal permite ter ao persoal laboral contratado desde hai máis de vinte e cinco anos por obra ou servizo? Non, mais o Concello ten persoal laboral así.
Acaso a lexislación estatal permite encadenar contratos durante quince anos a persoal que nin conta con praza na RPT? Non, mais o Concello ten persoal laboral así.
Acaso a lexislación estatal permite contratar co obxecto dunha subvención e poñer ao persoal a realizar outras funcións? Non, mais o Concello actúa así de xeito constante.
Acaso a lexislación estatal di que as baixas e as vacacións do persoal de limpeza se deben cubrir cunha empresa privada aínda habendo listaxes de substitución? Non, mais o Concello faino continuamente.
Acaso a lexislación estatal permite ter ao persoal laboral contratado desde hai máis de vinte e cinco anos por obra ou servizo? Non, mais o Concello ten persoal laboral así.
Acaso a lexislación estatal permite encadenar contratos durante quince anos a persoal que nin conta con praza na RPT? Non, mais o Concello ten persoal laboral así.
Acaso a lexislación estatal permite contratar co obxecto dunha subvención e poñer ao persoal a realizar outras funcións? Non, mais o Concello actúa así de xeito constante.
Acaso a lexislación estatal di que as baixas e as vacacións do persoal de limpeza se deben cubrir cunha empresa privada aínda habendo listaxes de substitución? Non, mais o Concello faino continuamente.
Se a esta situación lle sumamos que o ano pasado o Concello puido contar con dúas
traballadoras máis de limpeza de edificios, con sendas sentenzas de
indefinición, e optou por despedilas de inmediato e privatizar parte
da limpeza municipal, está demostrado que as mentiras do goberno
municipal teñen as patas moi curtas. Podían contar con persoal de
limpeza propio e optaron por privatizar, aí si que tiñan decisión
e opción, o propio xulgado ofrecíaa e o goberno socialista decidiu
que o prioritario non eran os servizos públicos, ese mesmo goberno
que agora chora por unha xubilación prevista desde hai moitísimo
tempo e por unhas normas estatais que seica impiden facer cousas que
cando lles vén en gana fan.
Non é
menos importante tampouco que a persoa que se xubilou xa levase
varios anos con prórroga de xubilación, polo cal o Concello non só
prevía esta xubilación senón que a debería de ter solucionada,
porque o fondo do problema é a mala xestión de persoal e a falta de
resposta e solucións. A maiores, e ata onde sabemos, o goberno
municipal non falou con ningún dos outros conserxes do Concello para
solucionar a cuestión, por tanto, descoñecemos se o que pretende é
volver a actuar fraudulentamente cambiando de posto ao persoal, como
ten pasado en anteriores ocasións, con sentenzas de indefinición
incluídas. No momento actual e ante a escaseza de persoal a solución
non é cambiar de postos de traballo ao persoal porque xa non hai
remendo para tanto descosido.
Desde a
CIG, a maiores, consideramos un erro aínda máis grave que nas
listaxes de substitución que están en proceso, tal e como se lle
trasladou ao goberno municipal, falten postos que poderían ser
cubertos por acumulación de tarefas, tal e como manifestou o
concelleiro de Persoal que ten pensado facer na Escola Infantil
Municipal e mais na limpeza de edificios, unha vez que estean as
listaxes definitivas. Porqué se é tan importante este posto que
agora choran tanto a La Voz de Galicia non incluíron os
postos de conserxe na listaxe de substitución considerándoos un
servizo prioritario? Hai dous meses o Concello considerou que os
postos de conserxe non eran prioritarios e non tiñan porqué ter nin
listaxes de substitución, agora pode rectificar e tentar solucionar
algúns problemas. Xa daquela desde a CIG manifestamos na Mesa Xeral de Negociación que faltaban postos nesa listaxe como é o caso, o persoal da xardinaría, electricistas e persoal do cemiterio municipal.
O que
está claro é que como o proceso de reorganización do persoal, nova
RPT e novo convenio colectivo non comece a andar canto antes o
problema da prexubilación na Escola Infantil e o problema desta
xubilación dun dos conserxes do edificio Liceo non van ser máis que
a punta do iceberg dun Concello que se vai ir desmontando e
privantizando aos poucos. Na man do goberno están moitas solucións,
como as que toman cando lles convén e lles vén en gana e na súa
man está a posibilidade de actuar máis e chorar menos, porque é
verdade que o PP pretende acabar cos servizos públicos coa
lexislación que aproba mais tamén certo que hai marxes de manobra e
decisión, como ben demostran cando queren, e que é hora de que dunha
vez por todas apanden coa pésima política laboral da historia deste
Concello e tomen decisións para mellorar a situación.