11/08/17

Lembra, podes presentar achegas / alegacións /suxestións ao borrador da Relación de Postos de Traballo ata o vindeiro 25 de agosto

Lembra que a Relación de Postos de Traballo está en fase de consulta e participación e pódense presentar achegas, alegacións ou suxestións ata o vindeiro 25/08/2017.

A CIG, logo da fase de atendemento no local e as consultas e propostas achegadas polos distintos traballadores e traballadoras, presentará as súas propostas e achegas a vindeira semana sobre diversos aspectos deste documento como a proposta de modificación de grupos profesionais, a relativa aos niveis dos complementos de destino, os criterios de asignación do nivel do complemento de destino, a determinación dos sistemas de acceso aos postos, as funcións dos postos de traballo, os tipos de xornada, os coñecementos requiridos para os postos, as condicións dos postos de traballo, outras condicións dos postos de traballo, a proposta de valoración do complemento específico e a eliminación e creación de postos de traballo.

Logo dunha análise un pouco máis polo miúdo do documento cómpre destacar que na memoria previa se recollen unha serie de criterios que tentan explicar as propostas de modificación mais que entendemos que se aplican arbitrariamente e non con base a criterios obxectivos, así mesmo estas propostas non solucionan algúns dos problemas históricos que diferencian os salarios entre o persoal laboral e o funcionariado, é máis, nalgúns casos afondan nestes problemas. Por outro lado este documento reclasifica varios postos de traballo tendo en conta o recollido na Lei 5/2015 do Estatuto Básico do Empregado Público, e algúns outros sen ningunha explicación explícita nin amparada na lexislación vixente.

Agardamos que o Concello teña en conta as propostas achegadas polo persoal e inicie un proceso de negociación da Relación de Postos de Traballo coa verdadeira vontade de chegar a un acordo que mellore a situación de partida e a Relación de Postos de Traballo vixente na actualidade.

Queixa pola realización de obras de pintado en horario laboral


O Comité de Empresa solicítalle ao Concello que pague as horas extraordinarias pendentes dos meses de abril, maio, xuño e xullo