Sinistralidade
Logo
dun período de un paulatino descenso da sinistralidade laboral, no
ano 2015 esta alcanza niveis de incidencia similares aos
experimentados no ano 2011. A Fiscalía Xeral do Estado na memoria do
último exercicio presentada no mes de setembro, indica que o número
de traballadores/as mortos a causa de accidentes laborais,
incrementouse no ano 2015 nun 10,1% respecto do ano 2014, pasando de
454 a 500 traballadores/as falecidos/as.
Mentres
que no ano 2014 fondamentalmente incrementáronse as cifras de
accidentes mortais e leves, manténdose o promedio de accidentes
graves, no ano 2015 os accidentes graves experimentaron un notable
aumento de 124 traballadores/as accidentados, acandándose nesta
categoría a cifra total de 3.358 lesionados/as de gravidade. No que
atinxe aos accidentes leves estes incrementáronse en 31.676
traballadores/as, ata acadar a cifra de 445.365.
Aínda
que no lustro (2011-2016) a sinistralidade laboral tense reducido nun
11,86%, segundo sinala a propia Fiscalía, ista é unha diminución
enganosa en relación ao futuro, xa que no lustro 2009-2013 a
diminución foi algo superior ao 30% e a do 2010-2014 algo superior
ao 25%.
En
relación as dilixencias de investigación, no ano 2015 a Fiscalía
incoou un total de 854 dilixencias fronte ás 938 incoadas no
ano 2014, un 8,95% menos que no ano anterior; ditándose 631
sentenzas menos polos xulgados do penal que no ano 2014 en relación
a esta temática.
Finalmente
a Fiscalía considera necesaria unha maior autonomía da Unidade
especializada de sinistralidade laboral respecto das xefaturas
provinciais e de área, o que permitiría unha maior unidade na
aplicación da doutrina sobre estes delitos, mellorando en
orientación e claridade xurídica para unha máis efectiva e eficaz
aplicación da norma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario