Sentenza
Nesta sentenza refírese o caso dunha
enfermeira que ocupaba o posto de xefa dunha Unidade de Atención Primaria; a
traballadora colleu unha baixa laboral en xullo de 2014 por mor do «estado
emocional e de ansiedade derivados dun conflicto laboral». O conflicto, segundo
se indica no texto xudicial, estaba presente tanto nas relacións laborais entre
os subordinados-compañeiros como cos seus superiores. O conflito, cuio comezo
remóntase ao ano 2009, foise agravando co tempo dando lugar a un «trastorno
adaptativo como reacción aguda a unha situación de estrés».
A traballadora solicitara traslado por motivos de saúde a
outro posto no ano 2012; este traslado foi aceptado, pero non executado por
falta de praza libre dentro da mesma comarca.
En marzo de
2014 foi cesada como Xefa de Unidade pasando a desenvolver funcións de
enfermeira; logo dun período de tres meses de reciclaxe presentou a súa
petición de baixa por enfermidade. Os diagnósticos do persoal médico que a
atendeu nos diversos trastornos presentados nos anos 2009, 2013 e 2014 sempre
relacionaron a súa doenza co "contexto laboral", feito que resultou
determinante para que o xuíz estabelecera que se trata dun accidente laboral e
non dunha enfermidade común.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario