No Comité de Seguridade e Saúde que tivo lugar hai dúas semanas o técnico da Mutua contratada polo Concello indicou que lle achegaría ao Concello a información sobre os itinearios e protolos de vixilancia da saúde do persoal, mais houbo que solicitalos expresamente porque seguimos sen a información.
A importancia deste tema tratado no Comité por solicitude dos delegados radica en que as revisións médicas deben adecuarse aos distintos postos de traballo para avaliar os traballos propios de cada posto lle afectan ao persoal, mais tal e como se lle manifestou ao Concello se as avaliacións de riscos non están ben feitas e nin sequera existen no caso dalgúns postos como é posible que se sigan os itinerarios e protocolos adecuados? De aí que o primeiro paso para comezar a traballar neste tema, logo de anos transmitíndollo por diversas vías ao concelleiro de Persoal sexa solicitar esta documentación que acredita como define a mutua contratada a vixilancia da saúde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario