Psicosocial
Segundo
este estudio o nivel de satisfacción laboral que un traballador/a
pode experimentar na década dos 20 e na dos 30 anos, remata por ter
un efecto directo no seu estado de saúde mental que se soe
manifestar ao redor dos 40 anos cun importante impacto. Os expertos
da Universidade de Ohio afirman que a insatisfacción no traballo ten
un impacto moito máis importante na saúde mental que na física, de
tal xeito que as persoas que desde o comezo da súa vida laboral
amosáronse infelices co seu traballo, cos anos tiveron máis
problemas de depresión, temores e transtornos do sono.
En
contraposición tamén observaron que as persoas cuxa satisfacción
no traballo mellorou no trascurso da súa carreira laboral, non
tiveron os problemas de saúde asociados a unha insatisfacción
laboral constante, que parece ter un efecto acumulativo.
Para
arealización deste estudo analizáronse datos de 6.432
traballadores/as estadounidenses que participaron naEnquisa
Nacional Lonxitudinal da Mocidade en 1979,
e cuxos resultados presentáronse na xuntanza anual da Asociación
Americana de Socioloxía. Os resultados amosan con claridade e
importancia que os primeiros anos de traballo na vida das persoas
teñen para a súa saúde, comezando a aflorar os efectos adversos a
partires dos coarenta anos.
Nunha
escala de satisfacción de 1 a 4, o 45% dos participantes afirmou que
a súa satisfacción laboral foi sempre baixa, mentres que un 23%
afirmou que estaban satisfeitos ao principio da súa vida laboral,
deixándolles de gustar co transcorrer do tempo. Tan só un 15% das
persoas afirmaron sentirse felices nos seus traballos dende o
princípio, mentres que ao redor do 17% esperaba que co tempo iría
aumentando o seu nível de satisfación laboral.
No
estudio comparouse a saúde dos traballadores/as que estaban felices
desde o principio, coa saúde dos participantes doutros tres grupos,
observándose que o deterioro da saúde mental afectou
significativamente máis ao grupo de traballadores/as que se sentían
insatisfeitos dende o principio coa súa carreira laboral. Neles
observáronse maiores níveis de depresión, recorrentes estados de
preocupación, transtornos do sono e alteracións emocionais de
diversa índole que revelan unhas maiores probabilidades de padecer
problemas de saúde mental.
En
relación aos traballadores/as que viron reducida a súa satisfacción
laboral ao longo dos anos, o estudo revela que poden padecer
problemas frecuentes para durmir e preocupacións excesivas polos
acontecementos que os rodean, ademáis de obter puntuacións máis
baixas en canto á súa saúde mental en xeral.
A
nivel físico estes traballadores/as tamén evidenciaron unha peor
saúde xeral, reportándose especialmente dores de costas e
frecuentes arrefriados.
Pola
contra, as persoas que co tempo melloraron significativamente no seu
nível de satisfación laboral, non amosaron ningún dos problemas
emocionais anteriormente enumerados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario