Os
últimos datos da EPA amosan tamén un importante descenso do número
de ocupados/as
A
perda de poboación activa segue a ameazar o mercado laboral galega,
até o punto de terse convertido nos últimos anos nun dos seus
principais problemas. Os datos da EPA publicados hoxe polo Instituto
Nacional de Estatística amosan que esta tendencia non fixo máis que
aumentar no último trimestre de 2017 agravouse este problema: en tan
só tres meses reduciuse a poboación activa en 16.300 persoas, o que
supón unha baixada do 1,3%. Ao mesmo tempo produciuse un importante
descenso do número de ocupados/as, que atinxiu a 16.700 persoas
neste período.
Segundo
a EPA, o descenso da poboación activa con respecto ao mesmo
trimestre do ano anterior foi de 15.900 persoas. Unha parte
importante dos activos/as pasaron á poboación inactiva (o 78%),
mentres que o resto desaparece do mercado de traballo (3600 persoas).
A
perda de activos/as prodúcese exclusivamente entre a poboación
ocupada, xa que esta descendeu en 16.700 persoas no último trimestre
(o número de parados/as medrou en tan só 400). Con respecto a hai
un ano, a poboación ocupada incrementouse en 6200 persoas.
No
último trimestre a caída do emprego afectou a todos os sectores
produtivos, destacando o sector servizos onde se estiman 8000
ocupados/as menos. A finais de 2017 a poboación ocupada acadou a
cifra de 1.055.800 persoas.
Por
categorías profesionais, foi maioritariamente entre o poboación
asalariada onde máis descendeu a ocupación (9000 persoas ocupadas
menos), pero non é nada desprezábel o descenso entre a poboación
empresarial, xa que a redución foi de 5500 persoas.
Todos/as
os asalariados/as que perderon o emprego neste último trimestre do
ano 2017 tiñan un contrato temporal e estaban contratados/as a
xornada completa.
Como
o descenso da ocupación veu acompañado dun descenso da poboación
activa -é dicir, a xente saíu do mercado de traballo-, apenas
afectou á poboación parada, de feito tan só se incrementou en 400
persoas, situando o número total de parados/as en 182.100 e a taxa
de paro no 14,7% da poboación activa.
No
que ten que ver coa situación económica dos fogares, foron 66.100
nos que habendo polo menos unha persoa activa todos/as os activos/as
estaban parados/as, 4400 máis que no trimestre anterior.
Exclusión
social
Máis
alá dos datos conxunturais, que amosan unha tendencia moi
preocupante, dende a secretaría confederal de Emprego e Industria da
CIG inciden en que as verdadeiras eivas do mercado laboral galego
teñen que ver co modelo implantado polos sucesivos Gobernos centrais
de PP e PSOE nos que a precariedade, temporalidade e rotación do
emprego vai camiño de converterse en estrutural.
Segundo
denuncia o seu responsábel, Fran Cartelle, este situación está a
provocar a consolidación da figura do traballador/a pobre, “até o
punto de que na actualidade dispoñer dun emprego non supón
necesariamente esquivar a exclusión social”. A isto hai que
engadir unha cada vez menor taxa de cobertura, que xa se atopa por
debaixo do 50%. Ademais, as persoas que ingresan a prestación
contributiva representan unicamente un 42,34% do total.
Un
panorama que para o secretario confederal de Emprego e Industria da
CIG “non vai mudar mentres sigamos instalados na temporalidade e na
precariedade que provocan as distintas reformas laborais do PP, nun
modelo que pretende competir pola vía de baixar os custos de
produción, reducir salarios e empeorar as condicións da clase
traballadora”.
Na
súa opinión, o único xeito de reverter esta situación e mediante
un fondo cambio político que permita unha transformación das
políticas económicas e sociais, “e isto só pode vir da man dun
goberno que defenda os intereses da maioría social”.