A sección sindical da CIG do Concello
de Betanzos convoca unha reunión informativa para todo o persoal ao
servizo do Concello. Esta reunión abordará principalmente o
estado da negociación da Relación dos Postos e farase un resumo do
que foi esta negociación ata hoxe, que xa se atopa na fase final.
Así mesmo, explicaremos a posición da
CIG neste proceso e as consecuencias derivadas desta negociación
para o persoal. Tamén a posición da empresa
contratada, o goberno municipal e o resto dos sindicatos neste
proceso de negociación e a situación na que se fica o persoal despois das decisións tomadas polo goberno municipal
Tamén nos acompañarán nesta reunión algúns compañeiros de CIG-Administracion para resolver as posibles dúbidas que
xurdan durante a reunión.
Convidamos a todos os traballadores do Concello de Betanzos a asistir tendo en conta que estamos nun momento crucial
para a negociación colectiva e entendemos que todo o persoal debe
ser coñecedor de primeira man as decisións tomadas nos órganos de
negociación para avaliar como poden afectar á súa situación laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario